Madrid, 11 de maio de 2021. O Bloque Nacionalista Galego consegue que o Congreso aprobe unha iniciativa en que insta o Goberno do Estado á intervención pública da planta de Alcoa San Cibrao e AluIbérica na Coruña e Avilés. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, defendeu que o Ministerio de Industria actúe con celeridade, axilidade e transparencia neste caso e propuxo que a SEPI se faga cargo da factoría para garantir a continuidade da actividade e os postos de traballo.
“Entre a crise industrial que desde hai anos arrastra Galiza e que xa cobrou o fechamento de numerosas empresas e de centos de postos de traballo, destaca a industria electrointensiva que dá emprego directo a máis de 5.000 persoas e moi especialmente as plantas de Alcoa San Cibrao e a antiga Alcoa A Coruña” comezou a súa intervención o deputado do BNG no Congreso. No caso da planta situada na Mariña, estamos a falar dunha situación xerada pola decisión da empresa de fechar a planta de aluminio primario e non vendela “para evitar potenciais competidores deixando na rúa a redor de 1.000 traballadores e traballadoras entre os da propia empresa e os da industria auxiliar”.
Isto provocaría un efecto devastador en toda a Mariña xa que esta planta está representa unha actividade económica fundamental nesta comarca. O deputado nacionalista lembrou na súa intervención que o Congreso xa aprobou unha iniciativa do BNG, no mes de outubro pasado, unha iniciativa no mesmo sentido mais “o Goberno optou por non tomar en consideración esta proposta, o que implicou que Alcoa iniciase un ERE que foi parado polos tribunais”.
“Sempre dixemos que a solución non ía ser xudicial e que era precisa unha actuación política. Por iso traemos de novo a esta Comisión unha iniciativa para que o Goberno opte por unha actitude directa de intervención como única saída a unha crise que se prolonga demasiado tempo” enfatizou o deputado nacionalista. Así mesmo, sinalou, a iniciativa quere evitar tamén “unha falsa saída”, como ocorreu nas plantas da Coruña e Avilés coa venda ao Grupo PARTER, a posterior revenda ao Grupo RIESGO: “unha operación claramente especulativa que acabou coa recente intervención xudicial desas dúas empresas” destacou Rego.
A formación nacionalista critica que á finalización do último prazo de negociación no mes de abril o Ministerio “se poña de lado e diga que debe ser Alcoa e os potenciais compradores os que negocien, porque isto pode desembocar no fechamento da planta ou mesmo nunha falsa saída”. Rego defendeu unha vez máis a necesidade da intervención pública de Alcoa-San Cibrao para que, unha vez en mans da SEPI, se se quixer, poida negociarse cun potencial comprador “que represente un proxecto industrial estábel e que garanta a continuidade da actividade e os postos de traballo”. O deputado nacionalista sinalou que o BNG “aposta pola nacionalización da factoría para retornala ao sector público” mais entende que neste contexto hai que dar prioridade á busca dunha saída estábel para manter a actividade e a totalidade dos postos de traballo, razón pola que acepta que esa intervención pública poida ser temporal.
Intervencións para as factorías de AluIbérica A Coruña e Avilés
A iniciativa do BNG inclúe a intervención pública nas plantas de AluIbérica na Coruña e Avilés. Segundo sinala Néstor Rego, após a recente intervención xudicial das dúas plantas “a única saída para pór fin a dous anos e case a paralización total da actividade nas plantas de aluminio da Coruña e Avilés é que haxa unha actuación por parte do Estado de modo que a SEPI se faga cargo destas dúas factorías que, en conxunto suman máis de 700 traballadores e traballadoras”, para darlles estabilidade e actividade futura.
Texto da proposta aprobada
A proposta aprobada pola Comisión de Industria, que recolle o texto presentado polo BNG cunha modificación do PP que introduce o termo “temporal” é do seguinte teor literal:
“O Congreso insta o Goberno a:
1. A actuar coa máxima axilidade, dilixencia e transparencia no proceso de negociación e diálogo entre Alcoa, a Administración Pública, a representación das e dos traballadores e os potenciais compradores.
2. Estabelecer un calendario para a intervención pública temporal de Alcoa que permita o control por parte da SEPI da factoría e garanta a posición adecuada para a negociación con potenciais interesados en desenvolver proxectos industriais solventes e estábeis que garantan a continuidade da actividade e dos postos de traballo na planta de San Cibrao.
3. Tendo en conta a intervención xudicial decretada en relación a AluIbérica A Coruña e Avilés, acordar a posta en marcha dunha intervención pública temporal para incorporala á SEPI para o desenvolvemento dun plan industrial que permita a plena actividade produtiva e a ocupación dos cadros de persoal destas dúas plantas.”




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



