A MARIÑA .- Unha ducia de colectivos veñen de sumarse á Plataforma Sanitaria da Mariña que xa conta co apoio de máis de 70 colectivos sociais, sindicais e políticos da Comarca de cara a vindeira mobilización do vindeiro 26 de Xuño en Burela en defensa da sanidade pública na Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa.
Nota de Prensa
queren converter ao Hospital da Costa nun ambulatorio grande
Novos colectivos súmanse a Plataforma Sanitaria da Mariña
A AA.VV de Valcarría, a AC. Francisco Lanza de Ribadeo, o Colectivo Cultural Ollomao(Barreiros), Irmandade de San Caetano(Barreiros)Clube Deportivo Egovarros(Viveiro), Colectivo Cultural Chilindrín(Viveiro), Asociación Cultural Mardouro(Valadouro), AC Arrincandeira, a Asociación Xuvenil Galiza Nova, Queremos Galego – A Mariña, Clube de Xadrez A Pomba do Arco de Foz ou a Asociación Cultural Anduriña de San Cibrao veñen de sumarse na xornada de onte a Plataforma Sanitaria da Mariña que xa suma o apoio de máis de 70 colectivos sociais, sindicais e políticos da Comarca de cara a vindeira mobilización do vindeiro 26 de Xuño en Burela en defensa da sanidade pública na Mariña e contra o desmantelamento do Hospital da Costa.
Segundo comentou Dores F. Abel, Presidenta do Asociación Cultural Francisco Lanza de Barreiros, que falou en nome dos colectivos de recente integración, “a defensa da sanidade pública, a mellora da calidade asistencial e garantir que na Mariña non se desmantelen os servizos sanitarios é algo ao que non pode ser alleo o conxunto da sociedade. Hai dereitos e servizos que hoxe damos por asentados como é o feito de que a Comarca conte con un Hospital que se non saímos a rúa defendelo corremos o risco de que desaparezan. Tanto é así que a proposta de reorganización do modelo sanitario que está a elaborar a Xunta converte ao Hospital da Costa nunha sucursal do Hospital de Lugo”.
Dores F. Abel denunciou o estado no que se atopa a atención primaria na Mariña unha vez que a Xunta de Galiza paralizou xa en 2009 un plano de potenciamento da atención primaria para o período 2007-2011 , denominado “Plano Mellora” co que se pretendía aumentar os recursos dos médicos de familia así como delegar neles determinadas funcións que desenvolvían os especialistas. Agás no caso da receita electrónica que se está a introducir con grande lentitude, no caso da Mariña os aspectos que se recollían neste plano seguen sen facerse realidade. “Se a atención primaria xa presentaba moitos problemas, situándose ao borde do colapso, a situación agora é máis grave, pola recorte do gasto público en sanidade que ten o seu correlato na redución do numero de persoal nos centros de saúde. Tanto é así que a día de hoxe estase a incumprir na maioría dos concellos da Area Sanitaria o acordo asinado en 2007 pola Xunta que obrigaba que non houbera ningún médico con máis de 1200 cartillas ou que cada ATS só estivese asignado a un medico.E todo isto vai en detrimento dos usuarios da sanidade pública.”
A Presidenta de Francisco Lanza esixiu que a Xunta de Galiza se comprometa a garantir que no novo modelo de organización do sistema sanitario galego se garanta a existencia da Área Sanitaria da Mariña, mantendo o Hospital da Costa como centro de referencia, coas competencias e servizos actuais. Na mesma liña demandou que nos Orzamentos de 2011 se recollan as partidas orzamentarias suficientes que permitan implantar o “Plano Estratéxico do Hospital da Costa” e proceder nese mesmo ano a iniciar as obras de ampliación do Hospital da Costa. Xa por último reclamou a aplicación do “Plano Mellora”, hoxe paralizado, e polo tanto proceda a dotar aos centros de atención primaria da Comarca dos medios humanos e materiais que se recollían no mesmo





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



