Chantada, 21 de maio de 2021. O programa Primavera Xove da Xunta de Galicia celebrou hoxe unha nova xornada nos Espazos Xove de Viveiro, Chantada e Noia. Hoxe, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu á feira celebrada en Chantada, onde tivo lugar unha conferencia interactiva musical relacionada co hip-hop e unha charla sobre graffiti.
No centro situado nesta localidade lucense programáronse diferentes actividades, a primeira sobre o contexto histórico que rodea as disciplinas do rap e o hip-hop en Galicia, que rematou cunha demostración práctica das mesmas. Por último, realizouse un obradoiro de graffiti a cargo do soberino Marcos Fernández Cea.
Surf en Viveiro
Ademais das actividades en Chantada, no Espazo Xove do concello mariñán de Viveiro tamén se celebraron diferentes iniciativas, entre as que destacan dúas charlas sobre temáticas moi diferentes. A primeira delas, titulada ‘Por un Viveiro Sostible inspirando cambio social’, xirou en torno á sostibilidade, mentres a segunda centrouse nos pioneiros do surf no Cantábrico. Precisamente sobre este deporte impartiuse, ademais, unha sesión teórica de iniciación.
Cambiando de disciplina, a programación do centro viveirense incluíu un obradoiro de baile moderno, outro de Dj e outro sobre o traballo colaborativo, no que se instaba aos participantes a crear solucións ante problemas xurdidos dentro dun grupo ou a enfrontarse ó proceso de aprendizaxe.
Música con froitas en Noia
Pola súa banda, na localidade coruñesa de Noia a xornada comezou cun faladoiro para dar a coñecer o potencial creativo da xuventude da comarca. A esta actividade seguiulle un obradoiro de graffiti no que se pintou un muro. A programación levada a cabo neste Espazo Xove tamén incluíu unha proposta para crear música con froitas e, por último, un reto dobre de canastra.
Cristina Pichel subliñou durante a súa visita a importancia deste tipo de actividades, enmarcadas no programa Primavera Xove, unha iniciativa novidosa posta en marcha este ano, que ao longo de todos os venres do mes de maio leva celebrando, e celebrará, unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna nos diferentes Espazos Xove.
Neste senso, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado puntualizou que estas iniciativas son unha oportunidade única para garantir que a xuventude poida ter un ocio seguro ao tempo que segue desfrutando de foros formativos e espazos de entretemento.
Para máis información sobre a programación da iniciativa Primavera Xove: http://xuventude.xunta.es/primavera-xove





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



