Lugo, 6 de xuño de 2021. A Deputación de Lugo continúa co programa Actívate e adáptase á nova normativa sanitaria cun aumento de prazas para todas as actividades. Todas as propostas realizadas ao aire libre contan, dende esta fin de semana, con 15 prazas, 7 máis que ata o de agora. Actívate é unha iniciativa da Deputación para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia, favorecendo deste xeito a recuperación do turismo, a hostalería e o comercio despois do impacto da pandemia.
Este sábado realizouse na Serra do Xistral a única actividade nocturna do programa, Os increíbles ceos do Xistral, que permitiu dar a coñecer os estrelados ceos deste espazo natural. Hoxe domingo, o Castro de Viladonga acolleu unha proposta para descubrir este espazo histórico, Aventura no Castro de Viladonga. Estas actividades, que arrancaron en maio, levaranse a cabo todas as fins de semana deste mes xuño.
Ata o de agora, as iniciativas tiveron unha gran acollida e esgotaron as prazas nas primeiras xornadas tras a apertura de inscrición. As persoas interesadas en participar nas próximas iniciativas deste programa poden inscribirse na páxina web http://inscricions.deputacionlugo.org/gl/tema/activate. Para máis información poden chamar ao teléfono 982.260.011 ou enviar un correo electrónico a atuaprovincia@deputacionlugo.org.
Próximas actividades
As actividades do programa Actívate das próximas semanas son as seguintes:
XUÑO:
12 de xuño: Sendeirismo Castelo de Pambre e torrentes do Mácara, Palas de Rei
13 de xuño: Surfeando na costa da Mariña, en Foz
19 de xuño: Introdución ao Tai Chí, en Guntín
20 de xuño: Descubrindo as pegadas da fauna, na Fonsagrada
26 de xuño: Sendeirismo na Mariña occidental, no Vicedo
27 de xuño: Kaiak no río Eo, en Trabada






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



