Ribadeo, 12 de xuño de 2021. O Concello de Ribadeo creará un carrill-bici entre o centro urbano da vila e o Faro de Illa Pancha. Este proxecto, encadrado nunha actuación mais ampla, consiste na adaptación como vía ciclista dun traxecto de catro quilómetros entre a praia dos Bloques e a zona do faro, bordeando a costa e discorrendo por lugares emblemáticos como O Cargadeiro e o Forte de San Damián. Incluirase tamén o aglomerado do tramo comprendido entre a praia de Rocas e o encontro coa estrada provincial LU-P-5202.
O alcalde, Fernando Suárez Barcia, e a deputada provincial de Mocidade e concelleira de Servizos Sociais e Obras, Mónica Freire Rancaño, xunto co resto de edís do goberno, deron conta este sábado do proxecto no que os servizos técnicos municipais traballaron nos últimos meses a fin de definir as actuacións necesarias para converter a vía existente nunha senda ciclable.
Segundo se recolle na memoria inicial, entre o Faro de Illa Pancha e o Forte de San Damián, habilitarase un carril-bici bidireccional de 2.50 metros de ancho mentres que no resto do traxecto se optará por harmonizar o paso de vehículos e bicicletas nunha vía de sección única de prioridade ciclista e limitada a 30 quilómetros por hora. O traxecto tamén será transitable a pé, por beirarrúas e pasos peonís.
No resto do traxecto, realizarase un aglomerado ata o encontro coa Avenida Calvo Sotelo coa creación dunha senda peonil, e habilitarase como bicirrúa ata a praia dos Bloques, ao longo do cal as bicicletas circularán xunto cos vehículos, pero con preferencia.
O proxecto mellorará as condicións de uso e seguridade dun espazo xa empregado pola veciñanza e en especial pola mocidade de Ribadeo para o paseo a pé e outras actividades físicas. Ademais, facilitará o uso da bicicleta para os desprazamentos entre as vivendas e o centro da vila, contribuíndo a unha mobilidade máis sostible desde o punto de vista ambiental e económico.
Fernando Suárez explicou que “a pandemia acentuou a sensibilidade social cara a esta forma de usar os espazos públicos, máis sostible, ecolóxica e saudable. Dende as institucións, temos a responsabilidade de crear as condicións e infraestruturas adecuadas para que estes novos hábitos e valores se consoliden”. Ademais sinalou que “a senda ciclable será un reclamo turístico máis para Ribadeo nun momento de auxe do turismo activo”.
O alcalde ribadense vinculou o proxecto “con outras actuacións que se están a levar a cabo desde o Concello para a mellora de espazos públicos, como as tarefas de limpeza e mantemento realizadas na Senda da Costa ou o acondicionamento da zona da antiga estación do tren mineiro de Vilaoudriz a Ribadeo, no corazón do centro urbano da vila”.
Mónica Freire sinalou, pola súa banda, que “os modelos de cidades e de espazos nas vilas en harmonía coas persoas e coa veciñanza constitúen un obxectivo estratéxico de primeira magnitude no ámbito da mocidade xa que debemos ser capaces de inculcar uns valores de respecto na seguranza viaria entre peóns e condutores. Asinaremos un convenio inter administrativo, entre Deputación e Concello, para poder executar este investimento tan necesario canto antes”.
A deputada de Mocidade engadiu tamén que “a través desta axuda da Área de Mocidade da Deputación queremos colaborar para que o Concello de Ribadeo siga avanzando no desenrolo do proxecto Ribadeo, Vila amiga das bicicletas, incrementando os quilómetros de sendas ciclables que conten cos estándares de seguridade para os ciclistas, dándolles prioridade fronte aos vehículos de motor, e ao mesmo tempo que fomentamos os hábitos de vida saudables, entendendo a saúde como benestar físico, moral e intelectual das persoas, incidindo no aproveitamento óptimo dos recursos públicos destinados á mocidade”.
Pola súa parte, o edil de Medio Ambiente, Jorge Díaz, declarou que “este tipo de actuacións supoñen un acerto pleno, xa que dinamizan o emprazamento natural e idílico deste enclave e á súa vez da resposta a unha demanda da cidadanía para contar cun espazo onde ir en bicicleta, camiñar, pasear ou correr”.
O Concello traballa no deseño do proxecto, que valora en 320.000 euros, co obxectivo de licitar as obras durante este ano e para o que contará coa axuda da Área de Mocidade da Deputación Provincial de Lugo, que comprometeu unha axuda de 250.000 euros, co que a institución provincial financiaría o 78% do custe e o Concello o 22% restante.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



