Viveiro, 14 de xuño, 2021. A proposta do BNG para a creación dunha área de autocaravanas e furgonetas camper en Portochao, na finalización do paseo fluvial do Landro resultou aprobada. A concelleira do Bloque que defendeu a moción, Míriam Bermúdez, afirmou que o turismo en autocaravana está totalmente en auxe sendo unha necesidade ampliar a oferta para este sector. Unha proposta con moi baixo custo de implementación neste espazo que xa conta con infraestruturas básicas, sendo tan só necesario un pequeno sistema para a recollida e baleirado de augas así como algunha toma de electricidade.
Míriam Bermúdez destacou a importacia de consevar este espazo e que, en previsión dunha afluencia maior da recomendable, haberá que especificar que se trata dunha zona natural e residencial coa que compartir coa veciñanza, estudando incluso a posibilidade de establecer un número limitado de autocaravanas para a súa estancia.
A concelleira nacionalista recordou en pleno a demanda do BNG proposta ao goberno de María Loureiro xa no 2018, para a creación dun plan ambiental no que actuar ante a invasión de vexetación foránea ao longo de todo o paseo fluvial e en especial en Portochao, onde o “plumacho” está a invadir toda a zona, sendo necesario repoboar a contorna con árbores e arbustos autóctonos.
A moción contou co apoio de todos os grupos da corporación municipal agás o PP que optou por se abster, segundo eles, por non ter o informe dos técnicos municipais aínda despois de que lles fora confirmada a valoración positiva dos mesmos, posicionamento que non se sustenta ao non modificar os usos do lugar, nin como aparcadoiro nin como lugar de ocio.
Por último, Míriam Bermúdez recórdarlle a María Loureiro que os acordos plenarios están para se cumprir, e que aínda están pendentes moitas das propostas e demandas do BNG aprobadas, sendo necesario executalas e pór a andar no concello canto antes.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



