A Mariña, 19 de xuño de 2021. A Casa do Concello laurentina acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, que se unen ás que levan uns anos de percorrido en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Trátase dun proxecto da Mancomunidade de Concellos da Mariña no que colaboran a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, na súa intervención dixo que “dende a Mancomunidade vense traballando na dinamización e promoción da Mariña Lucense como un destino turístico rico e diverso do norte de Galicia, onde produtos asociados a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio como son é turismo slow, aplicado ao turismo cultural, de natureza, gastronómico, entre outros, funcionen como produtos tractores da demando turística ao territorio”.
Cajoto sinalou que “neste contexto, o obxectivo de continuar a desenvolver as audioguías ficcionadas, é o de achegar valor aos visitantes e tamén á propia veciñanza a través de experiencias diferenciadoras, favorecendo a súa permanencia e a desestacionalización, fortalecendo o posicionamento da Mariña Lucense como destino slow, sostible e de calidade”. E lembrou que “estas audioguías foron deseñadas e elaboradas por Chévere, compañía con máis de 30 anos de traxectoria, que se converteu no grupo de teatro máis prolífico e coñecido da historia recente de Galicia cun recoñecido prestixio tamén a nivel nacional. En 2018 e 2019 puxéronse en marcha as audioguías das vilas históricas e portas de entrada de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro en galego-castelán e inglés-francés e en 2021 súmanse ao proxecto as do Castelo de Castro de Ouro en Alfoz e a vila de Vilanova de Lourenzá, polo momento, só en galego, aínda que proximamente serán traducidas ao castelán e a medio prazo tamén ao inglés e francés”.
O presidente da Mancomunidade subliñou que “as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense, son unha iniciativa – pioneira en España – do ente xestor do xeodestino, a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e do Grupo Chévere, Premio Nacional de Teatro 2014 e na que colaboran a Deputación de Lugo e Xunta de Galicia”.
Fran Cajoto indicou que “as audioguías son un recurso complementario das visitas con guía, permiten as visitas individualizadas, en parella ou grupos, sen cita previa e nos días en que as oficinas de turismo están cerradas por descanso, vacacións, etc. No contexto covid-19, un produto que facilita unha actividade ao aire libre e que se pode realizar de xeito individual, aporta un novo activo á proposta”.
E engadiu que “co obxectivo de poñer en valor este produto e dalo a coñecer entre o público en xeral, esta fin de semana terán lugar uns paseos ficcionados, a través destas audioguías, polos concello de Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo cunha introdución e coloquio final da man dos seus creadores, a compañía de teatro Chévere, baixo o título Chévere acompaña as audioguías ficcionadas da Mariña Lucense. Unha orixinal iniciativa que conseguiu esgotar as prazas na maioría dos paseos”.
Aquelas persoas que visiten ata finais de xullo as vilas de Alfoz, Lourenzá, Mondoñedo e Ribadeo, que dispoñen de audioguías ficcionadas, contarán cun servizo gratuíto de auriculares illantes para asegurar a mellor das experiencias. Tendo en conta a actual situación derivada pola Covid19, elaborouse un Plan de Continxencia e protocolos específicos para este servizo. A partir de agosto este servizo pasará a ter un prezo simbólico de 2 euros para persoas adultas e nen@s gratis ata 12 anos.
Asistiron ao acto no Concello de Lourenzá o director do proxecto, Xesús Ron, e o actor Manuel Cortés; Mayra García, deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas; Paloma Vázquez, xefa da área provincial de Turismo de Galicia en Lugo; o alcalde de Alfoz e a concelleira de Turismo, Jorge Val e Arantxa Incera; e a alcaldesa de Lourenzá e o concelleiro de Cultura, Rocío López e Manuel Arango.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.


