Ribadeo, 24 de xuño de 2021. Este domingo, 27 de xuño, arrinca a XX edición do Mercado dos Domingos. Na cita, que organizan o Concello e A Sucadoira, participarán 14 produtoras e produtores da zona. O Mercado dos Domingos, que foi presentado polo concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, celebrarase na contorna da Praza de Abastos todos os domingos de 9 a 14 horas desde o 27 de xuño ao 10 de outubro.
O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza o Mercado dos Domingos en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de produtoras e produtores da nosa zona, que pon en valor a economía de proximidade, que potencia o consumo de tempada e saudable, que coida do medio e que beneficia, loxicamente, a nosa economía local e apoia e dinamiza a vila de Ribadeo”.
Pablo Vizoso contou que “este mercado celebrarase, como cada ano, os domingos na contorna da praza de Abastos de Ribadeo en horario de nove da mañá a dúas da tarde e contará con 14 produtoras e produtores da nosa zona – dun radio de non mais de 50 quilómetros de Ribadeo-. Neste espazo poderase atopar unha oferta de calidade e ben diversificada, de produtos procedentes da nosa zona: alimentos de proximidade como produtos da horta, incluso algún dos postos con produto ecolóxico, pan, ostras , queixo, embutidos, zumes, cervexas, coitelería…”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local engadiu que “coa posta en marcha desta nova edición, que se vai prolongar durante máis de tres meses, xa que comeza dende este domingo, día 27, e durará ata o 10 de outubro, o Concello de Ribadeo contará cun espazo máis para o encontro da tradición coa sostibilidade”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



