Lugo, 2 de xullo de 2021. O voceiro de Emprego do Grupo Parlamentario Popular, o lucense José Manuel Balseiro, vén de interesarse a través dunha iniciativa rexistrada no Parlamento de Galicia polo funcionamento dos obradoiros de emprego, programas financiados principalmente pola Xunta de Galicia e impulsados en colaboración cos concellos.
Para o deputado popular os obradoiros da Xunta representan unha oportunidade de “formación e emprego” para os seus participantes, pois permiten a adquisición de coñecementos teóricos e prácticos sobre unha determinada profesión e á vez, ao longo da súa duración, estas persoas reciben un salario.
Ademais todos os obradoiros que financia o Goberno galego teñen que incorporar no seu plan de traballo a realización de obras ou a prestación de servizos de interese social ou xeral. “Así por exemplo –explica Balseiro- os obradoiros teñen servizo para mellorar prazas, espazos públicos, edificios municipais aos que se quería dar novos usos, ou para o coidado de xardíns, mantemento de montes e espazos verdes, dixitalización de arquivos ou organización de actividades culturais e turísticas, entre outras”
Balseiro lembra tamén que o principal obxectivo dos obradoiros é que as persoas que neles participan amplíen a súa formación ao tempo que acceden a un contrato de traballo. Ambas circunstancias “por si soas e máis aínda combinadas” contribúen a mellorar a súa empregabilidade “ou dito doutro modo, as posibilidades de acceder a un emprego estable e de calidade, que é aspiración de todos”.
O deputado popular interésase por cantos e cales son os obradoiros de emprego financiados pola Xunta neste momento, e na actual convocatoria, a canto ascende o investimento autonómico destinado á súa posta en marcha, que accións concretas executan e, quere coñecer tamén, as previsións futuras respecto destas iniciativas, que forman parte da folla de ruta da Consellería de Emprego e Igualdade na nosa provincia.
A iniciativa de Balseiro non se limita a unha análise cuantitativo deste programas, busca tamén que a Xunta faga unha avaliación do funcionamento destes obradoiros e da súa utilidade. Nese senso, lembra que co apoio do Goberno galego hai hoxe en marcha dúas modalidades de obradoiros “que paga a pena coñecer polo miúdo como están funcioando”: a primeira inclúe o programa dirixido aos menores de 30 anos e a segunda para os chamados “obradoiros duais”, que incorporan prácticas en empresas.
Ante a utilidade “social” dos obradoiros de emprego Balseiro insiste en convidar a todos os alcaldes e alcaldesas da provincia a participar nas convocatorias que cada ano a Xunta publica para financiar estes programas. Unhas axudas que a Xunta distribúe conforme a criterios obxectivos como, por exemplo, o número de parados de cada municipio e a puntuación que obteña o proxecto que se pretende desenvolver con cada obradoiro.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



