Ribadeo, 6 de xullo de 2021. Terra Branca segue incorporando a novos creadores galegos. As coleccións de Montse Betanzos, artista do Grove, xa están na galería ribadense.
Betanzos pertence á terceira xeración familiar de colareiras. A súa nai, Socorro, xa foi unha innovadora traballando as cunchas que recollía do mar. Montse incorpora deseño e actualidade en todos os seus complementos decorados con buguinas: colares, pulseiras, bolsos, etc.
José Ramón Leal, o propietario de Terra Branca, sinala que “vimos una pieza de Montse Betanzos y supimos que queríamos que sus creaciones estuvieran en Terra Branca. El mar es una seña de identidad en A Mariña y el color un denominador común en nuestra galería, así que las colecciones de esta artista gallega encajan perfectamente en nuestra exposición”.
Leal engade que “el lanzamiento está siendo un éxito y hemos tenido rápidamente que reponer muchos de los complementos”.
Galería Terra Branca acompaña esta presentación cun vídeo de Montse Betanzos traballando no seu taller, que foi realizado por Terra Branca Audiovisuais. “Es perfecto tener un buen material audiovisual de los artistas de la galería. Así nuestros clientes pueden ver el proceso y el complicado trabajo que hay detrás de cada una de las piezas que se venden en nuestra sala”, destaca o propietario de Terra Branca. O vídeo pódese ver nas redes sociais da galería.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



