Cervo, 7 de xullo de 2021. O Concello de Cervo volve apostar para os meses de xullo e agosto polas Noites Alternativas e polo programa Enredando no Verán, adaptando as actividades á situación sanitaria e priorizando as iniciativas individuais e ao aire libre.
Os programas comezaron esta mesma semana e contemplan un amplo abanico de posibilidades pensadas para todos os públicos.
Este mesmo xoves, por exemplo, terá lugar a proxección do filme “Cuñados” ás 22:30 horas, na Praza do Lugar en San Cibrao. A actividade é de balde e o aforo é limitado. As persoas interesadas en asistir deben anotarse no mesmo lugar do evento ás 22:00 horas.
A axenda das Noites Alternativas tamén contempla rutas en Kaiak, rutas nocturnas en bici, paddle surf, maxia, teatro, deportes de aventura, aerofit, rutas de sendeirismo, noites de orientación…Todas as actividades serán ou en Cervo ou en San Ciprián, a partir das 21:00 horas.
Pola súa banda, o programa Enredando no Verán, está pensado para as crianzas, e incluirá piragüismo, inchables acuáticos, un laboratorio de perfume, un circuíto de seguridade vial, un taller de cómic, bádminton, surf…
Tanto As Noites Alternativas como o programa Enredando son de balde, e desenvolveranse de luns a xoves.
A oferta lúdica – cultural complétase cun curso de ioga infantil que terá lugar os martes, (para crianzas de 6 a 9 anos; de 11:30 a 12:30 horas) e os Xoves (para crianzas de 10 a 12 anos; 11:30 a 12:30 horas), na Casa do Mar de San Ciprián baixo inscrición previa na Casa da Cultura ou no 691 65 66 00.
Tamén se ofertarán bicis eléctricas en aluguer na Praza do Campos, o 10, 11 e 24 de xullo e o 7, 8, 21 e 22 de agosto.
Ademais haberá rutas por diferentes puntos de interese do concello, con guía turístico. Serán o 17, 18 e 31 de xullo; e o 1, 14, 15, 28 e 29 de agosto; con inscrición previa na Casa da Cultura e no 691 65 66 00.
Desde o Concello de Cervo animan a participar tanto á veciñanza como ás persoas visitantes neste programa de actividades pensado para toda a familia, iso si, respectando sempre todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



