Burela, 16 de xullo de 2021. Burela acollerá do 18 ao 23 deste mes un stage de perfeccionamento técnico e táctico para xogadoras de baloncesto a partir de 14 anos de idade. Foi presentado na Casa do Concello burelés e o acto contou coa participación do alcalde, Alfredo Llano; un representante da xunta directiva do Club Baloncesto Burela, Juan Luis Moreno; e unha representante da asociación Drocer e do CB Ensino Lugo, Ana Ónega.
Os organizadores explican que esta actividade, denominada Burela Basket Pro, “reunirá a 38 xogadoras de baloncesto de 14 anos en diante para buscar a mellora técnico táctica das participantes. Este novo formato, no que traballarán conxuntamente xogadoras profesionais do Durán Maquinaria Ensino Lugo, de Liga Feminina Endesa, coas rapazas de mellor nivel de Galicia, terá como director técnico a Miguel Ángel Ortega, un dos nomes máis coñecidos no baloncesto español e novo adestrador do Ensino. Acompañarano un técnico británico e sete adestradores máis”.
O Burela Basket Pro está organizado polo Ensino Lugo, a Asociación Deportiva e cultural Drocer, o CB Burela, cunha máxima implicación do Concello de Burela e da Fundación Indecum. Está patrocinado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte e Xacobeo; e conta coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.

