Lugo, 23 de xullo, 2023. As condicións provocadas pola pandemia durante La Vuelta 2020 non permitiron que o stand de …E para comer, Lugo viaxase por toda España como viña sendo habitual nos últimos oito anos, pero este verán será de novo posible.
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), co apoio de Turismo de Galicia e a colaboración de varios consellos reguladores e asociacións de produtores, fará promoción turística e gastronómica da provincia nas saídas de etapa de La Vuelta Ciclista a España 2021. Así será presentado o vindeiro mércores 28 de agosto ás 11:30 horas na Oficina de Turismo da Xunta de Galicia en Lugo.
No acto, ademais do presidente de Apehl, Cheché Real, estarán presentes a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e o director de La Vuelta, Javier Guillén, que estarán acompañados por representantes dos diferentes colaboradores desta edición.
Esta será a novena vez que o posto de …E para comer, Lugo se instale na zona VIP das 21 saídas de etapa, será atendido por persoal da Asociación e nel serviranse aos visitantes (ciclistas, patrocinadores, xornalistas especializados…) aperitivos elaborados con produtos da terra.
Este ano colaboran os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Ternera Gallega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, San Simón da Costa, Queixo de Tetilla, Pataca de Galicia, Castaña de Galicia, Avimós, Asovega, Asoporcel, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Afapan, Aceite de Quiroga e Acruga, así como Estrella Galicia, Candelas, Cociñeiros de Lugo, CD Burela FS, Transportes Valín e El Progreso.
Ademais dos manxares gastronómicos da provincia difundiranse exemplares da última edición da guía turístico gastronómica …E para comer, Lugo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



