Ribadeo, 26 de agosto de 2021. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, cualificou de moi emotiva a inauguración do centro de interpretación da figura do empresario José Barro, onte en Mondoñedo. O obxectivo da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia é darlle vida organizando visitas guiadas e outras actividades. O acto enmarcouse na programa do X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebra estes días en Ribadeo.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, referiuse á inauguración do museo de José Barro: “foi un acto moi emotivo porque estivo a familia de José Barro, as sobriñas que teñen noventa e pico anos, e moita xente. Creo que quedou moi ben. É un inicio. Iremos incorporando novas cousas. A xente está chamando para doalas. A iniciativa está a ter moi boa acollida. Nós miraremos de programar algunha visita guiada desde a asociación e despois iremos incorporando actividades. Nós pretendemos que non sexa un centro de almacenamento de materiais senón un museo activo”.
Sobre o X Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos Doural dixo que “a semana está sendo moi intensa porque hai moitas actividades no Fórum. É un ano moi especial, con moita presión pola pandemia, pero en xeral todo está indo moi ben”.
Un grupo dos asistentes ao Fórum coñeceron onte as Covas do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Hoxe será tempo para visitar a empresa Shiifos, en Ribadeo, que se dedica á micoloxía ecolóxica sostible. Mañá, venres, seguirán as charlas durante a mañá e pola tarde terá lugar a presentación do Mercedes Clase S e do Ford Mustang Mach-E.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



