Lugo, 8 de setembro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, comprobou as melloras realizadas no local social da asociación de veciños San Sebastián de Carballido, no concello de Alfoz, grazas a unha achega da institución provincial por un importe de 16.645€. Os traballos consistiron na reparación da cuberta e as escaleiras que comunican a planta baixa co primeiro andar.
Tomé Roca estivo acompañado polo Alcalde, Jorge Val Díaz, e o presidente do colectivo alfocense, Jesús Paz Pumares, ante os que destacou a importancia desta actuación, que “mostra a implicación da Deputación cos concellos, pero tamén co tecido asociativo de toda a provincia para que poidan desenvolver mellor a súa actividade”. A asociación de veciños San Sebastián de Carballido é moi activa e está formada por xente nova, “que son o futuro da provincia. As institucións deben estar do lado destas persoas que se involucran co obxectivo de impulsar o rural e recuperar actividades que fagan comunidade”.
Na visita tamén estiveron a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e membros da agrupación.
Esta acción súmase ao compromiso de colaboración da Deputación de Lugo co Concello de Alfoz. A institución provincial financiou a construción dunha nova nave almacén de maquinaria municipal cunha achega provincial de 115.300€ e 4.435 de achega municipal. Esta nave de 350m2, que se atopa en proceso de construción, dará cabida a 2 tractores desbrozadora, 1 motobomba, 1 pala mixta, 1 camión grúa pequeno e 1 vehículo todoterreo. “Na actualidade este municipio non conta cunhas instalacións que permitan gardar a maquinaria en boas condicións para protexelas da intemperie e evitar posibles roubos, que xa se teñen producido”, destacou Tomé Roca.
Colaboración con Alfoz
O Plan Único de Cooperación cos Concellos ten previsto un investimento en Alfoz de 274.404,09€. Está previsto que se leve a cabo a pavimentación de accesos a núcleos urbanos, a ampliación e reforma de instalacións de alumeado público, a rehabilitación da fonte da Grela e a adquisición de materiais de equipamento para a mellora do centro sociocultural xuvenil e da terceira idade do municipio.
Así mesmo, este programa provincial prevé un investimento de case 36.000€ para o Servizo de Axuda no Fogar e máis de 63.000€ para o fomento do emprego. Tamén se levarán a cabo actividades culturais, deportivas para nenos e adultos e a realización de actividades de promoción turística. A Administración electrónica e a protección de datos conta cunha achega de preto de 7.000€.
“Estas cifras demostran o claro compromiso deste goberno co Concello de Alfoz e a súa veciñanza para a mellora dos servizos públicos e, deste xeito, mellorar a vida da xente”, manifestou o Presidente. “Este compromiso con Alfoz tamén se produce co resto de concellos da provincia, porque a prioridade da Deputación de Lugo é colaborar cos Concellos para que poidan ofrecer máis e mellores servizos públicos á cidadanía”, explicou José Tomé.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



