Foz, 18 de setembro de 2021. Na tarde de hoxe, sábado, o Concello de Foz presentou no Cenima a súa nova campaña Vive e traballa en Foz, que incide en dar a coñecer os beneficios de residir nun lugar coma Foz para todos aqueles que teletraballan e viven en cidades.
A concelleira de Emprego, Inés López Couto, explica que “o vídeo realizado está pensado para atraer poboación das cidades, que dende a chegada do COVID teletraballa e vive en pisos pequenos e sen posibilidade de saír pasear á natureza sen coller o coche. O teletraballo agora permite vivir a moitos quilómetros da sede da empresa, polo que a calidade de vida pode mellorar de forma exponencial. Ademais do spot realizouse unha web na que que se poden consultar contidos e contactar para obter información. Foz ten as características necesarias tanto no casco urbano como nas parroquias para ofrecer aos teletraballadores un lugar perfecto para exercer a súa profesión e mellorar a calidade de vida”.
O alcalde focense, Fran Cajoto, móstrase optimista porque “as novidades nas metodoloxías de traballo e a mellora das comunicacións no rural permiten que se poidan dinamizar de novo as nosas parroquias e ofrecerlle á xente nova e familias con nen@s un lugar cómodo, tranquilo e cos servizos necesarios para vivir.”
Dende o Concello agradecen a colaboración dos seus veciñ@s para a realización deste vídeo, que de forma desinteresada protagonizaron esta gravación.
Ademais a Concellería de Turismo mostrou unha selección das imaxes que se tomaron durante estes meses para conformar un banco fotográfico focense para uso municipal. “É moi importante gardar a memoria dos nosos paisaxes, por iso comezamos este proxecto que serve para obter un arquivo de fotografías do noso fermoso concello, que servirán para dinamizar as campañas turísticas”, comentou o edil Jose María Linares.
Para rematar Fran Cajoto destacou que “Foz aumenta de poboación, pasamos de pouco máis de 10.000 a 10.300 habitantes no que levamos de goberno. Miramos o futuro con optimismo”.
Vídeo da campaña
https://www.facebook.com/watch/?v=848977182427374





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



