Lugo, 3 de outubro de 2021. Os usuarios e usuarias dos Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo, situados en Ribadeo, Trabada, Pol, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada e Castroverde, percorren estes días os itinerarios do Camiño de Santiago que transcorren pola provincia sen saír dos recintos das residencias.
Esta actividade, ademais de servir para mellorar a súa saúde física ao favorecer o exercicio, tamén ten como fin contribuír ao seu benestar emocional, afianzar as relacións sociais e o traballo en equipo, coñecer os Camiños da provincia e romper as rutinas do día a día cunha actividade na que a vitalidade e a enerxía son fundamentais.
As residencias de Trabada e Ribadeo realizan o Camiño Norte, as de Pedrafita do Cebreiro e Pol o Camiño Francés, e as da Fonsagrada e Castroverde o Camiño Primitivo. En cada centro instalouse un panel no que figuran as etapas e un contaquilómetros que vai reflexando os progresos e quilómetros avanzados. Os quilómetros vanse sumando a través dos percorridos que marca cada unha das residencias a través de podómetros e de indicativos que lles amosan o que significa cada treito superado.
Os equipos das residencias deseñaron un conxunto de retos que cada persoa debe superar para poder chegar á meta. Entre eses desafíos, atópase a gravación de anuncios publicitarios animando á xente a facer o Camiño, un photocall ou retos con preguntas sobre os itinerarios xacobeos.
Dende as direccións dos centros sinalan que unha vez rematados estes itinerarios realizarán o Camiño de Inverno.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



