O Valadouro/Foz, 14 de outubro de 2021. Gonzalo Caballero percorreu hoxe varios puntos da Mariña lucense para reunirse cos compañeiros e coas compañeiras do PSdeG no marco das primarias que terán lugar o vindeiro día 30.
Dende O Valadouro e Foz, Gonzalo Caballero reivindicou “o avance” do PSdeG dende a súa chegada á secretaría xeral. “Todo o mundo recoñece que o PSdeG está hoxe moito mellor que hai catro anos”, subliñou.
“Traballamos dende a esquerda e coa forza da militancia, e acadamos resultados históricos nas xerais e nas europeas, gañando ao PP en Galicia por primeira vez; e obtivemos as alcaldías de cinco das sete cidades galegas e de tres das catro deputacións nas municipais”, resaltou.
Asemade, Gonzalo Caballero apuntou o avance socialista en apoio electoral en todas as eleccións que houbo nos últimos catro anos, toda vez que supuxo frear a caída continua que arrastraba o PSdeG dende que non se reeditara o goberno progresista galego no 2009.
Por iso, apelou a “seguir fortalecendo o proxecto socialista dende a esquerda e coa forza da militancia”, para seguir impulsando valores como “o galeguismo feminismo, o ecoloxismo e o compromiso coa ética pública”. “Agora non podemos retroceder”, recalcou Gonzalo Caballero.
“CONFRONTANDO CON FEIJÓO” NO DEBATE DE AUTONOMÍA
En paralelo, considerou “pouco afortunado” que o outro candidato ás primarias elixira o día do Debate sobre o Estado da Autonomía para achegarse á sede do PSdeG a criticar á dirección do partido no día en que “todos deberíamos estar centrados en confrontar coas políticas da dereita e en dar respostas de esquerda”.
“Todos e todas as socialistas que combatemos as políticas do PP dende unha perspectiva de esquerdas estabamos centrados onte en ofrecer unha alternativa mellor para os galegos e as galegas”, contrastou Gonzalo Caballero.
É por iso que sinalou que mentres uns “estabamos confrontando con Feijóo”, outros “parece que queren meter goles en propia meta e parece que queren facerlle o traballo a Feijóo e ao PP”.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



