Xove, 10 de novembro, 2021. O aumento de gatos abandonados está producindo en Xove un problema de salubridade pública e hixiene cada vez máis difícil de atallar.
En uso das súas competencias en salubridade pública que a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local lle outorga, o Concello, en colaboración cos servizos veterinarios e coa supervisión e control do SEPRONA e os Vixiantes Municipais, vai levar a cabo unha campaña de control, tratamento e esterilización dos gatos abandonados.
Procederase á xestión ética das colonias felinas que cohabitan no pobo mediante o proceso de captura para a súa marcaxe, esterilización e control sanitario, coa finalidade de evitar a proliferación descontrolada da especie, para finalmente poder retornalos ao seu lugar de orixe.
Simultaneamente porase en marcha unha campaña de búsqueda de fogares para estes animais dispoñendo como destino prioritario a súa entrega para adopción ou acollida temporal, tal e como establece a normativa vixente en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia.
En consecuencia cabe lembrar aos veciños que a Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, no seu artigo 9.o) prohibe expresamente alimentar aos animais vagabundos ou extraviados nas vías públicas sen contar coa correspondente autorización municipal, agás situación que pudiesen comprometer o benestar dos animais; feito que se contempla na mesma como unha infracción administrativa de carácter leve.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



