Ribadeo, 20 de novembro de 2021. A Banda Municipal de Música de Ribadeo, dirixida por David Ballester Martínez, ofreceu o seu tradicional concerto de Santa Cilla hoxe sábado, no auditorio municipal Hernán Naval. Nesta actuación a Banda tocou por primeira vez oito das nove pezas incluídas no programa e participaron tres solistas: o pianista Andrés Manuel Bermúdez García, a frautista Carmén Cortés Moreda e o trompetista Ángel Muíña López.
Os temas que estreou hoxe a Banda ribadense son estes oito: Dreamsong, de Richard L. Saucedo; Eolo, el rey, de Ferrer Ferran; Song without words, de Gustav Holst con arranxos de Michael Story; Ode an die freude, de Ludwig van Beethoven con arranxos de Willy Hautvast; Nessun dorma, de Giacomo Puccini con arranxos de Johnnie Vinson; Allegretto Sinfonía Nº 7, de Beethoven con arranxos de Robert Longfield; The firebird, de Igor Stravinsky con arranxos de Jack Bullock; e The planets, de Gustav Holst con arranxos de Douglas E. Wagner. Tamén interpretou Adaggieto for flute, de Ted Huggens. As obras foron presentadas por David Ballester, cunha pequena explicación de cada unha e dos seus compositores.
Ao final do concerto o director da Banda de Ribadeo agradeceu o esforzo dos músicos polas condicións nas que están ensaiando debido ao Covid. Tamén destacou a colaboración do Concello, en especial de Alberto, Francisco e David, que foron os encargados da montaxe para esta actuación, e felicitou aos tres músicos que actuaron hoxe como solistas.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



