Ribadeo, 25 de novembro de 2021. O alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi positivo do programa O Concello cos Coles, que se está a desenvolver no presente curso. Trátase de actividades de natureza, culturais, de turismo ou de igualdade, entre outras que desde o Concello lles propuxeron aos centros de ensino ribadenses. Hoxe seguiu na Escola Pedro Murias o taller de elaboración de queixo para os máis pequenos.
O rexedor declarou que “desde o goberno municipal estamos francamente satisfeitos de como está indo esta iniciativa que puxemos a andar hai pouquiño tempo, que se chama O Concello cos Coles, onde queremos propoñerlles diferentes actividades aos distintos centros educativos do noso concello, tanto ao Dionisio Gamallo, como ao Sagrado Corazón e ao Gregorio Sanz cunha serie de actividades culturais, de historia natural, de natureza, de igualdade, de turismo, etc…”.
Suárez Barcia engadiu que “hai poucos días estivemos facendo visitas de xeorutas para ver os pregues e os aspectos xeolóxicos do noso concello. Hoxe mesmo estamos facendo unha segunda edición deste curso de elaboración de queixos para os máis cativiños, que están encantados cos seus mantelos, amasando e seguindo as instrucións dos técnicos da Escola Pedro Murias, que nos cederon a aula de lácteos para que puidéramos levar adiante esta iniciativa”.
O alcalde ribadense subliñou que “todo isto danos moita ilusión e moitas ganas de seguir dando continuidade ao longo deste ano, que vai entrar agora, a este tipo de iniciativas que son moi enriquecedoras para os pícaros e para as pícaras e que poñen ao mesmo tempo en valor todas as cousas boas que ten o noso concello”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


