Burela, 9 de decembro de 2021. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Burela, Manuel Rouco, considera que “o alcalde despreza aos técnicos municipais”. Así o entende porque “a pesar de que o Concello dispón dun secretario, un interventor e unha arquitecta técnica, encarga un informe externo para facer unha ordenanza”.
O popular sinala que “no resto de concellos é habitual que os técnicos municipais realicen este tipo de tarefas”. Engade, ademais, que “resulta curioso que este informe externo se lle encargue á única empresa que está a facer informes externos ao Concello de Burela nos últimos seis anos”.
Rouco cre que “sería bo que o señor Llano se dignara a explicarnos cales son os motivos polos que tódolos informes externos foron encargados a esta única empresa”. É o caso dos informes para a adxudicación do contrato da recollida do lixo tanto cando se adxudicou a GESECO coma no último caso que foi adxudicado a Urbaser, entre outros moitos coma o informe no que o goberno de Llano trataba de explicar a subida da taxas disparatada no noso Concello”.
O voceiro popular apunta que “nos 15 conceptos que pretendía regular a nova ordenanza os incrementos ían dende o 6 ata case o 700%.
Concretamente, no sector da hostalería, o incremento chegaba a alcanzar o 85% no caso das terrazas. Para a colocación de andamiaxes para a reparación das fachas o incremento era do 11% e así en moitos outros casos”. Condena Rouco esta proposta do goberno local tendo en conta “o contexto de crise galopante en Burela”.
O goberno local non axuda en nada ao sector comercial e hostaleiro
“Dende o PP xa hai tempo que asumimos que o alcalde e o seu goberno non van axudar en nada ao sector comercial e hostaleiro da vila, pero o que non podemos entender é que pretenda asfixialo co incremento inxustificado das taxas”, incide.
Rouco advirte que “co custe deste informe, algo máis de 3.600 euros podíase adxudicar, por exemplo, algunha axuda que tratase de mitigar as penurias que están a padecer os comerciantes e hostaleiros da nosa vila por mor da indolencia do goberno do señor Llano en lugar de incrementarlles as taxas municipais”.
“En lugar disto, o señor Llano prefire dilapidar os cartos de tódolos veciños da nosa vila en informes externos que ben poderían ser elaborados polos técnicos municipais”, engade.
Rouco sinala tamén que “no medio de todo isto, chama poderosamente a atención que o BNG no último pleno criticara e non apoiara a ambiciosa reforma fiscal proposta polo Grupo Municipal Popular e, sen embargo, non dedicara nin un só minuto das súas intervencións a cuestionar o incremento salvaxe que pretendía facer o señor Llano coas taxas municipais”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



