Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021. A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, instou hoxe ao Goberno a que tome a iniciativa para desbloquear a situación de Alcoa e para que esta compañía explique a letra pequena da proposta para a planta de San Cibrao. Neste sentido, apuntou que traballadores e administracións precisan coñecer cales son as garantías e se se trata dun plan viable que garanta o mantemento do emprego, tanto na propia planta como na industria auxiliar.
Paula Uría sinalou tras a reunión celebrada hoxe, na que participaron tamén representantes do Ministerio de Industria, do comité de empresa e dos sindicatos, que ata que exista un prezo eléctrico competitivo e un marco enerxético estable será imposible garantir unha solución. Neste sentido, o prezo final do MWh para as electrointensivas é de preto de 120 euros, case 60 euros máis que en Francia e 36 euros máis que en Alemaña.
A representante da Xunta na reunión fixo fincapé en que agora é preciso escoitar a proposta de Alcoa, pero sabendo que a solución que poña fin a esta situación está en mans do Goberno fixando un marco enerxético axeitado. “O que lle trasladamos ao Goberno é que tome as rendas e que garanta, cos instrumentos que pode poñer enriba da mesa, ese marco eléctrico estable, e que se convoque esa mesa industrial para escoitar a Alcoa e ver se existe un plan industrial que con ese marco eléctrico estable poida garantir o futuro da planta de aluminio de San Cibrao”, sinalou a directora xeral.
A solución que propón Alcoa é provisional e pasa por deixar de producir aluminio primario en España durante dous anos. Así, en plena escalada de prezos das materias primas, importaríase aluminio de fóra en lugar de fabricalo en Galicia.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



