Lugo, 16 de decembro de 2021. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este xoves xunto co director do departamento de Aceleración Empresarial da Escola de Organización Industrial (EOI), Javier Benito, o Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. Reiníciate: enfoca o teu futuro, unha nova iniciativa dotada con máis de 1M€ de orzamento que ten como obxectivo favorecer a inserción no mercado de traballo de máis de 400 mozos e mozas da provincia ofrecéndolles formación gratuíta e prácticas remuneradas en empresas e entidades en profesións con alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías e a dixitalización.
José Tomé, que estivo acompañado tamén polo Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, explicou que o programa forma parte do Plan de Impulso da Economía da Provincia lanzado pola Deputación para favorecer a reactivación do tecido produtivo fronte ao impacto da pandemia.
O programa está promovido pola Deputación e a EOI cun orzamento de 1.082.950€, achegados nun 85,9% pola Escola de Organización Industrial a través do Fondo Social Europeo, que supón 930.254,05€. A institución provincial asume o 14,1% restante, o que supón 152.695,95€. Un programa que dá continuidade ao Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, que tamén puxeron en marcha ambas entidades e que está tendo moi boa acollida entre as empresas da provincia.
Máis de 400 prazas para a mocidade dos 67 concellos
O Presidente explicou que o Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. Reincíate: enfoca o teu futuro, que arrancará en xaneiro e prolongarase durante un ano, dispón de máis de 400 prazas destinadas para a mocidade dos 67 concellos da provincia que estean en situación de desemprego. Deben ter entre 16 e 30 anos e atoparse inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil para poder participar.
“O obxectivo é darlles ferramentas para axudarlle a encontrar traballo ofrecéndolles para iso información especializada, teórica e práctica, naqueles ámbitos que hoxe en día máis se reclaman no mundo laboral”, explicou José Tomé. Nese sentido, manifestou que “é unha formación que responde á necesidade real de perfís profesionais que se están demandando, é dicir, os que máis expectativas de inserción laboral teñen”.
A formación estará dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica. Os contidos das 23 accións centraranse nas ramas de: community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.
Estes programas impartiranse de maneira semipresencial, “facilitando desta maneira que o alumnado poida recibir formación dende calquera punto da provincia, dándolles un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo”, destacou o mandatario provincial no acto de presentación.
Prácticas remuneradas
Este novo programa da Deputación e a EOI inclúe ata tres meses de prácticas non laborais que serán remuneradas. O alumnado poderá completar a súa formación tanto en empresas como en asociacións da provincia cobrando uns 700€ ao mes durante este período.
Tomé Roca puxo en valor que “grazas a este programa os participantes mellorarán a súa capacidade e aptitudes para encontrar un traballo e, ao mesmo tempo, as empresas e entidades da nosa provincia, coa incorporación deste tipo de perfís profesionais poderán mellorar a súa actividade, ser máis eficientes, ter máis recursos para optar a procesos de concorrencia pública e ser máis áxiles nos seus procedementos administrativos e no mundo dixital”.
Inserción laboral e apoio ao rural
“A previsión coa que traballamos é que a inserción laboral deste programa sexa, polo menos, dun 25% dos participantes. É dicir, que uns 100 mozos e mozas consigan un emprego ao rematar este programa. Esta é unha previsión, pero oxalá poidamos superar esa porcentaxe”, recalcou o mandatario provincial.
Este plan, subliñou o Presidente, é unha aposta da Deputación de Lugo polas políticas activas de emprego “nun momento que está sendo especialmente delicado pola pandemia mundial que atravesamos. Esta etapa de crise obríganos a aproveitar oportunidades para reinventarnos atopando na formación a ferramenta indispensable para facelo”.
José Tomé recalcou que, sobre todo, este proxecto “é unha medida de apoio ao rural para que os mozos e mozas da provincia de Lugo poidan labrar o seu futuro no lugar onde viven atopando un posto de traballo no seu concello ou na súa comarca”. Explicou que na Deputación de Lugo “temos moi claro cal é a fórmula para fixar poboación. Para que a xente se quede a vivir no noso rural a fórmula é achegar servizos públicos á veciñanza e crear emprego, abrir oportunidades laborais”. “Isto é o que está facendo a Deputación con proxectos coma este e con outras iniciativas, como é o caso dos Centros de Atención a Maiores, o Plan Único de Cooperación cos Concellos ou a mellora da mobilidade”, asegurou o Presidente.
O prazo de inscrición xa está aberto e pódese formalizar na web: empleojovenlugo.es Habilítase o teléfono 982 26 02 04 para resolver dúbidas que poidan xurdir. A previsión é que o programa arranque en xaneiro.
Un acto aberto ao tecido asociativo
Ao acto de presentación do Programa de Acompañamento á inserción laboral da mocidade. Reiníciate: enfoca o teu futuro asistiu unha ampla representación do tecido asociativo social, profesional e xuvenil da provincia, “porque quixemos que coñezan de primeira man esta medida que lles afecta directamente e que lles pode ser de gran interese e utilidade”, indicou Tomé Roca.
Ademais, unha vez rematado o acto, os representantes das asociacións de empresas, profesionais e xuvenís participaron no Pazo de San Marcos nun encontro técnico para intercambiar posturas e coñecer polo miúdo o desenvolvemento deste programa, así como resolver dúbidas ao respecto.
Así mesmo, participou no encontro o influencer Daniel Irimia, de Foz, que será unha das persoas que participará na promoción e na dinamización deste programa nos concellos e nas redes sociais, co obxectivo de que a iniciativa teña o máximo alcance e os mellores resultados posibles. Unha vez rematado o acto, estivo na Praza de San Marcos divulgando e gravando vídeos promocionais coa veciñanza.





















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



