Lugo, 21 de decembro de 2021. O grupo provincial do PP intentou que o goberno da Deputación cumprise o compromiso adquirido no momento da toma de posesión e incrementase o importe do Plan Único nun 25%. Non era un capricho tal intento, porque van xa moitos meses nos que os prezos da enerxía e dos materiais de construción non deixaron de subir. Así as cousas, como explica o portavoz popular, Javier Castiñeira, “o goberno provincial levará ao pleno un Plan Único practicamente igual ao de 2020, o que significa que os concellos deberán asumir unha cuarta parte de obras menos que no ano pasado, debido aos altos custos enerxéticos e dos materiais de construción, que subiron entre un 25 e un 30%”. Dende A Mariña, acompañado dos alcaldes de Xove e de O Vicedo, así como do voceiro do PP en Viveiro, o portavoz popular denuncia “o dobre engano do señor Tomé e dos seus socios aos concellos aos que se debe”.
Castiñeira sinala: “Non é que non cumpran o seu compromiso de subir o 25% o Plan Único. O peor é que non contemplan neste novo Plan Único a perda de poder adquisitivo pola suba dos prezos dos materiais de construción e da enerxía, e conxelan este plan que é moi necesario para todos os concellos”.
O portavoz popular destaca que “15 millóns, aproximadamente, dos 21 que ten este plan van a obras municipais, polo que se aplicamos os prezos actuais, os concellos perden arredor de 4 millóns de euros en custear as política inflacionistas do señor Sánchez e a súa nefasta estratexia enerxética”. Explica: “Hoxe, como exemplo, visitamos unha planta de aglomerado asfáltico en Xove, probablemente o produto máis utilizado polos concellos, dentro do Plan Único, para arranxar as súas estradas. O aglomerado prodúcese con betume que custa practicamente tres veces máis que no 2020. Fabrícase con gas que custa case un 50% máis que no 2020 e con electricidade que custa un 25% máis. Aplícase con maquinaria que consume gasóleo, que está un 30% máis caro que no 2020. Polo tanto, é obvio que, cos mesmos cartos, os concellos van poder botar moito menos asfalto nas súas estradas”.
Castiñeira destaca que, pese a todo, “Tomé sigue vivindo no seu mundo de Yupi e probablemente lle dá igual o que pase no resto dos concellos, porque, se no seu non lle chegan os cartos, usa os da Deputación, como leva a facer nestes dous anos, pero os outros 66 alcaldes van ter que tirar de fondos municipais para sacar adiante o 2022, que se prevé tremendamente caro e custoso para todos os lucenses, pero tamén para todos os concellos da provincia”.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



