O luns, 3 de xaneiro, terá lugar en San Cosme de Barreiros unha charla informativa sobre as serias consecuencias que a instalación de varios Complexos Industriais Eólicos terían sobre os sectores gandeiro, forestal e turístico da nosa comarca. En concreto, falarase dos proxectos que afectarían a Barreiros, Ribadeo, Foz e concellos limítrofes. O acto terá lugar ás 20:00h no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A Plataforma “Eólicos na Mariña, así non”, organizadora do acto, convida a asistir a tódolos veciños.
Reunión informativa da Plataforma Eólicos na Mariña, Así Non

Reunión informativa da Plataforma Eólicos na Mariña, Así Non
Relacionado
-
Barreiros despide a Hamdi, o neno saharaui acollido este verán por unha familia
-
Barreiros será o punto de referencia da terceira etapa da Volta a Galicia, que chegará á Mariña o 13 de setembro co apoio da Vicepresidencia da Deputación
-
A alcaldesa de Barreiros felicita ao equipo de socorrismo polo seu gran labor