Lugo, 12 de xaneiro de 2022. Xa hai 100 inscritos no Programa de Acompañamento á Inserción Laboral da Mocidade. Reiníciate: enfoca o teu futuro, un novo plan de emprego xuvenil impulsado pola Deputación de Lugo e a Escola de Organización Industrial (EOI) co obxectivo de que un total de 400 mozos e mozas da provincia poidan acceder a profesións de alta demanda vinculadas coas novas tecnoloxías. O programa arrancará a semana que vén coas 5 primeiras actividades de formación gratuíta.
O luns 17 de xaneiro darán comezo as formacións de Auxiliar de xestión informática especializado en licitacións e subvencións públicas, Xestión comercial e márketing e Márketing dixital e redes sociais. Os tres rematarán o vindeiro 14 de marzo. Algúns terán lugar en quendas de mañá e outros en horario de tarde. O vindeiro 10 de febreiro comezarán os programas Comunity manager e márketing dixital e Auxiliar de xestión informática para pemes e asociacións, que rematarán o 7 de marzo. Ambos terán lugar de luns a venres, o primeiro en horario de mañá e o segundo en quenda de tarde. Cada programa ten unha capacidade de 15 persoas.
Quedan 300 prazas, que poden solicitarse na web: empleojovenlugo.es Para calquera consulta ou dúbida, as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 982.26.02.04.
Este programa, que se prolongará durante un ano e que forma parte do Plan de Impulso da Economía da Provincia lanzado pola Deputación para favorecer a reactivación do tecido produtivo fronte ao impacto da pandemia, dispón de máis de 400 prazas destinadas para a mocidade dos 67 concellos da provincia que estean en situación de desemprego. Deben ter entre 16 e 30 anos e atoparse inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil para poder participar. Impartirase de maneira semipresencial para facilitar que o alumnado poida recibir formación dende calquera punto da provincia.
Promovido pola institución provincial e a EOI, este plan de emprego conta cun orzamento de 1.082.950€, achegados nun 85,9% pola Escola de Organización Industrial a través do Fondo Social Europeo, que supón 930.254,05€. A Deputación de Lugo asume o 14,1% restante, o que supón 152.695,95€. Un programa que dá continuidade ao Reiníciate: dixitaliza a túa empresa, que tamén puxeron en marcha ambas entidades e que está tendo moi boa acollida entre as empresas da provincia.
O Presidente explicou que o obxectivo deste programa é darlle á mocidade “ferramentas para axudarlles a encontrar traballo, ofrecéndolles para iso información especializada, teórica e práctica, naqueles ámbitos que hoxe en día máis se reclaman no mundo laboral”. Nese sentido, Tomé detallou que “é unha formación que responde á necesidade real de perfís profesionais que se están demandando, é dicir, os que máis expectativas de inserción laboral teñen”.
Prácticas remuneradas
Este novo programa da Deputación e a EOI inclúe ata tres meses de prácticas non laborais que serán remuneradas. O alumnado poderá completar a súa formación tanto en empresas como en asociacións da provincia cobrando uns 700€ ao mes durante este período.
Tomé Roca puxo en valor que “grazas a este programa os participantes mellorarán a súa capacidade e aptitudes para encontrar un traballo e, ao mesmo tempo, as empresas e entidades da nosa provincia, coa incorporación deste tipo de perfís profesionais, poderán mellorar a súa actividade, ser máis eficientes, ter máis recursos para optar a procesos de concorrencia pública e ser máis áxiles nos seus procedementos administrativos e no mundo dixital”.
Inserción laboral e apoio ao rural
“A previsión coa que traballamos é que a inserción laboral deste programa sexa, polo menos, dun 25% dos participantes. É dicir, que uns 100 mozos e mozas consigan un emprego ao rematar este programa. Esta é unha previsión, pero oxalá poidamos superar esa porcentaxe”, recalcou o mandatario provincial.
O Presidente recalcou que, sobre todo, este proxecto “é unha medida de apoio ao rural para que os mozos e mozas da provincia de Lugo poidan labrar o seu futuro no lugar onde viven atopando un posto de traballo no seu concello ou na súa comarca”.


























O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



