Ribadeo, 12 de xaneiro, 2022. O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, destaca que “hoxe entregamos os produtos envasados da asociación de produtores de horta A Sucadoira, dentro do proxecto piloto que impulsa a Consellería de Medio Rural. O propio conselleiro adquiriu o compromiso directamente nunha visita que fixo ao mercado dos domingos. Comprámoslle máis de 2.350 quilos de produto que se entregan a todos os colexios que participaron neste proxecto piloto da consellería de Medio Rural”.
Por este motivo, quere dar as grazas a todos os centros por participar nunha actividade que ten a clara vocación de poñer en valor o medio rural e unha forma de vida e de traballo, así como os produtos de proximidade e de calidade. “O noso agradecemento aos institutos Porta da Auga e Gamallo Fierros, así como a escola de capacitación agraria Pedro Murias, ao colexio público Gregorio Sanz, ao colexio concertado Sagrado Corazón e a Escola Infantil da nosa vila. Estes centros defenden unha forma de vida e de traballo que esta asociación leva defendendo máis de 25 anos”, destaca.
Explica así que produtos se compraron a A Sucadoira: pementos, tomates, berenxenas, cebolas, cabazas e cabaciñas, allo porro, cenorias, mazás e tamén pepino. Elaborouse e envasouse pisto caseiro, marmelada, pemento vermello, pemento deshidratado, pemento asado (“-quero destacar a gran calidade que ten o pemento de Piñeira-“), tomate natural, puré de cabaza e zumes de mazá e pera.
Esta primeira parte foi envasar todos estes produtos, informar e formar ao alumnado dos distintos centros educativos; a segunda parte desta actividade será visitar as explotacións, as hortas, e, xa por último, cociñar e degustar o produto. “Creo que é unha actividade moi importante, un proxecto piloto que a Consellería de Medio Rural decidiu iniciar en Ribadeo, polo tanto o noso agradecemento á consellería, á Xunta, aos GDR, á Axencia de Calidade Alimentaria (ACAL) e, sobre todo, aos centros educativos da vila, porque seguen defendo ao medio rural, que ten moito futuro”, conclùe.


















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



