Riotorto, 14 de xaneiro de 2022. O Voceiro Socialista, José García avanzou hoxe o voto en contra do Partido Socialista para a compra da parcela por parte do Concello de Riotorto co fin de cedela gratuitamente a Sogama, co para ubicar en Vilaseca a nova planta de residuos. “O PP quere instalar unha planta en Riotorto sen diálogo, nin consenso e contando só co criterio político do Alcalde”.
“Vamos a celebrar un pleno no que o Alcalde quere aprobar a compra desta parcela ubicada preto da Cruz da Cancela, no lugar de Vilaseca, e propón gastar fondos municipais destinados a obras para esta transacción por un importe de 36.000 euros, iso si, con fondos de tódalas veciñas e veciños. Xa que da partida que existía no Concello para obras e que estaba dotada con 80.000 euros, agora con esta compra vese reducida aos 44.000 euros”, insistiu.
“Os viais municipais das parroquias de Riotorto precisan de arranxos e melloras como vimos denunciando sistematicamente nos últimos anos, e tamén hai que realizar obras de saneamento no rural. Polo tanto non podemos permitir malgastar os recursos económicos do concello en obras alleas á vila”, espetou.
Ademais hai que lembrar que o PP sigue sen dar explicacións sobre cales son os motivos da súa insistencia en instalar unha planta de tratamento de residuos en Riotorto “a pesar da oposición veciñal e institucional a esta iniciativa”. Por iso criticou “a falla de diálogo e de consenso da Conselleria con concellos afectados, e o máis importante, sen escoitar ao conxunto da veciñanza e dos alcaldes, para que entre todos falen para buscar o mellor emprazamento”.
José García tamén explicou que se dirixiu no dia de onte, xoves día 13 de xaneiro, ás oficinas municipais do Concello de Riotorto para seguir realizando o seu traballo de concelleiro. “Estaba falando cun funcionario nunha oficina municipal interesándome pola tramitación de expedientes que tiña solicitados por rexistro, como fago habitualmente. Nese intre o Alcalde entrou nesa estancia e díxolle ao funcionario, sempre segundo a miña versión: que aquí non realizaban escritos para o oposición. Esta é a faciana do alcalde do PP de Riotorto, caciquismo, prepotencia e chularía, cando foi o propio secretario do Concello quen lle ordenou ao funcionario realizar ese escrito. Así trata o Alcalde aos empregados públicos municipais. Eu ordeno, eu mando”, criticou.
Expedientes solicitados dende fai meses
O Voceiro Socialista acudiu ás dependencias municipais para interesarse pola tramitación de expedientes solicitados no rexistro. “Concretamente unha solicitude con data de rexistro do 21 de setembro sobre o expediente de Sogama, outros dous escritos do 19 de agosto, relacionados coa adquisición de terreos para a residencia da 3ª idade e o saneamento de Mundin e Horto Vello, e por último un escrito do mes de maio sobre facturas relacionadas con bombas de abastecemento na Muxueira e Aldurfe”. “Esta é a democracia do PP de Riotorto, ocultar información aos concelleiros da oposición dende fai meses, e utilizar o concello con tintes caciquís”, espetou.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.