A Coruña, 23 de xaneiro de 2022. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, informou hoxe da resolución das axudas á dixitalización do sector pesqueiro con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que benefician a Galicia con 979.045 euros en 21 subvencións. “Armadores e asociacions produtoras galegas adxudicanse un tercio do total das axudas que se resolveron nesta convocatoria a nivel nacional, o que nos achega o interese do sector pesqueiro galego neste proceso de modernización e dixitalización”, indicou.
A dixitalización do sector pesqueiro extractivo, acuícola, comercializador e transformador é unha das medidas estratéxicas de actuación contempladas no compoñente 3 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que está adicado á transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro.
Este compoñente é xestionado polo Ministerio de Agricultura, que convocou as axudas correspondentes ao mesmo o pasado mes de outubro, cun orzamento de 3,8 millóns de euros en dúas liñas.
Axudas concedidas en Galicia
A primeira das liñas de axudas estaba dirixida á adquisición e instalación, por primeira vez, de Sistemas de Seguimento Electrónico Remoto (REM) para o control de desembarque. En total, o Ministerio concedeu 17 axudas en Galicia para barcos de más de 24 metros de eslora con base na Guarda, Burela, Ribeira, Vigo e San Cibrao. Cada armador percibirá unha axuda que oscila entre 13.000 e 15.000 euros para costear a compra e instalación deste dispositivo. O total ascende a 241.613,76 euros.
A segunda liña estaba dirixida a subvencionar proxectos de mellora de comunicacións, dixitalización do sector extractivo, acuícola, comercializador, transformador. Os potenciais beneficiarios eran as asociacións do sector extractivo, acuícola, comercializador e transformador e organizacións de produtores, sempre que puxeran os proxectos ao dispor de todos os seus asociados.
Nesta liña, o Ministerio concedeu catro axudas en Galicia por un importe global de 737.429,63 euros: a Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo percibe 126.140,48 euros; a Organización de Productores de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín percibe 218.948,83 euros; a Organización de Productores de Palangreros Guardeses recibe 261.790,41 euros e a Organización de Productores Pesqueiros da provincia de Lugo percibe 130.549,91 euros. Nestas axudas a execución do proxecto de dixitalización pode extenderse ata 2023.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



