Meira, 4 de febreiro de 2022. O PP de Meira defende “a mellora e ampliación do centro de saúde da localidade”. Así o explicou o portavoz municipal, Carlos Veiga, nunha visita ao centro médico na que tamén participaron outros membros da agrupación local e a deputada no Parlamento de Galicia, a doutora Encarna Amigo.
Veiga considera que “as instalacións que teñen máis de 30 anos requiren dunha reforma” e tamén cre que “é necesaria a ampliación do centro médico e o Punto de Atención Continuada onde se atenden aos veciños e veciñas dun total de seis municipios”.
Os populares agradecen que a Xunta accedera ás súas peticións e inclúa no seu Plan de infraestruturas de atención primaria ao centro de saúde de Meira. De feito, dirixe 300.000 euros ao proxecto.
A reforma proposta pola Xunta consiste na ampliación do centro para resolver problemas de espazo que permitirán dotar de máis salas ao centro de saúde e tamén ao PAC. Na área correspondente ao centro médico crearase unha consulta de enfermería pediátrica, unha sala polivalente, unha sala de técnicas (probas complementarias, citoloxías…), un almacén, unha sala de limpeza, a adaptación de aseos e ampliación da área de recepción e arquivo. E dotarase ao PAC de vestiarios e almacén; ademais de ampliar o box de críticos.
Aposta da Xunta pola mellora da sanidade e dos centros de saúde
A deputada popular defende “a implicación e a aposta da Xunta pola sanidade pública como reflicte o incremento do 23% nos orzamentos do Sergas entre o 2009 e o 2022”.
En relación ás infraestruturas de Atención Primaria, Amigo destaca que as contas do Goberno galego para este exercicio inclúen 2,65 millóns de euros para licitar as obras de reforma de centros de saúde que figuren na prioridade 1 do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria entre o que se atopa o de Meira; ademais doutros centros da provincia (a construción do novo centro de saúde do Sagrado Corazón en Lugo, o de Pantón e o de Ribadeo e a reforma do centro de saúde da Milagrosa en Lugo e do de Outeiro de Rei). A Xunta ten reservados outros 400.000 euros para o inicio da obra do novo centro de saúde de Antas de Ulla e unha partida específica de 6,2 millóns para a continuación da obra do Centro Integral de Saúde da cidade de Lugo.
A popular fai tamén fincapé en que “estas reformas e as construcións de novos centros de saúde seguen a liña das actuacións da Xunta de Galicia dende o ano 2009, co goberno do Partido Popular, que supuxo a mellora de 95 centros de saúde na comunidade”.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



