Nota de Prensa
O GPPP reitera que hai concellos do PP que xa teñen en marcha a administración electrónica
O voceiro adxunto dos populares na Deputación considera que o PSOE tenta monopolizar a posta en marcha da administración electrónica
Barcia considera “excesivo e dubidoso” que o Innóva-te custe nove millóns de euros.
Lugo, a 10 de xullo de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular reiterou hoxe que hai concellos con alcaldes do Partido Popular que xa teñen en marcha a administración electrónica como se desprende das declaracións feitas polo voceiro socialista, e que esto “escócelle ó PSOE, porque non pode monopolizar a nivel de provincia o desenvolvemento desta ferramenta de traballo que a Deputación debería ter implantada o un de xaneiro do presente ano”.
O voceiro adxunto dos populares afirma que hai concEs posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. ellos socialistas que teñen optado polo Plan E para financiar a implantación da administración electrónica, en canto á instalación de programas e servidores se refire, como é o caso de Burela e A Fonsagrada, dado que a Deputación está a ter un considerable retraso neste campo, xa que ata dentro de alomenos un ano non o terá rematado. Por eso houbo concellos que se adiantaron e xa teñen os deberes feitos, algo que molesta ós socialistas, recalca.
Ademais, Barcia destacou que os alcaldes populares teñen plena libertade para adoptar as decisións que mellor poida defender os intereses dos veciños, en base a criterios de eficacia na xestión e austeridade no gasto, algo que non acontece no seo do PSOE, e moito menos dentro da Deputación, que non se caracteriza precisamente nin por unha cousa nin pola outra.
De feito, González Barcia considera “excesivo e dubidoso o presuposto destinado a este proxecto, que tivo bastantes irregularidades no seu procecedemento de licitación e adxudicación, do que se esquece deliberadamente o bipartito provincial“.
O voceiro adxunto dos populares recoméndalle ó voceiro socialista Antonio Gato que non perda tempo en atacar ós alcaldes porque a impresión que dá é que lle serve calquer argumento para tentar arañar un minuto de gloria á semana, que nos plenos da corporación provincial lle roba, de cando en vez, o seu compañero Besteiro, chegando incluso a desautorizalo nalgunha votación”.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



