Viveiro, 11 de febreiro de 2022. O goberno provincial, presidido polo socialista José Tomé, ten unha probada capacidade para tratar de xerar o relato que máis convén aos seus intereses políticos, aínda que non coincida coa realidade. Iso mesmo é o que tratou de facer con respecto ao informe da Valedora do Pobo en relación co escrito de queixa presentado polo grupo provincial do PP por non ser autorizado a visitar dependencias da Deputación. Neste sentido, o portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala: “No grupo provincial do PP estamos abraiados, xa non pola formas da portavoz socialista, Pilar García Porto, senón polas propias conclusións que saca do informe da Valedora, absolutamente subxectivas e interesadas; é o que peor, feitas públicas á présa, sen que os interesados, os deputados do PP, tiveran aínda acceso ás mesmas”. Á vista das afirmacións do goberno provincial, o PP destaca: “A Valedora do Pobo recoñece o dereito dos deputados do PP a acceder ás instalacións provinciais, ben sexan almacéns ou, con moito máis motivo, a dependencias abertas ao público, dentro da súa labor como representantes electos”.
Castiñeira tamén destaca que “o propio informe advirte á Deputación de que non pode usar o mesmo informe para denegar o acceso a un almacén, por motivos de seguridade dos propios deputados, que para entrar en dependencias administrativas”. Engade que a Valedora condiciona as restricións que pretende aplicar o goberno provincial no acceso ás dependencias a que sexan as mínimas posibles e estean debidamente motivas, de forma clara e axustada; que sexan as mínimas indispensables.
Por outra parte, o portavoz popular declara: “En contra do que estableceu a Deputación, non é necesaria a autorización do equipo de goberno, como aseveraba este, senón que en todo caso, e por cuestións organizativas, o más lóxico sería que se usase unha comunicación previa”. Respecto a isto último, o informe da Valedora, destaca Castiñeira, “indica que a Deputación non pode pedir máis requisitos a un deputado que os que esixe aos cidadáns que queren acceder ás oficinas para facer xestións”.
As conclusión que saca o Partido Popular son claras e non son dirixidas como as da socialista García Porto. “O equipo de goberno da Deputación tentou usar un informe no que se alegaban cuestións de seguridade nunha nave en mal estado para xustificar o non acceso a dependencias administrativas, abertas ao público; de feito, a Valedora requírelle a Deputación que canto antes emende esa situación de perigosidade para que os deputados do PP poidan acceder á nave”.
O portavoz popular di: “Seguimos pensando, agora máis que nunca, que o goberno da Deputación dificulta por activa e por pasiva o rigoroso traballo da oposición, con fins políticos e usando os medios provinciais para valerse dunha posición vantaxosa ante os deputados populares”. Engade: “É máis, facemos extensible esta denuncia para os moitos alcaldes do PP aos que si se lles obriga a ter permiso de acceso do equipo de goberno, mentres os alcaldes socialistas e nacionalistas campan ás súas anchas polas dependencias provinciais, sen ningún tipo de autorización”.
Castiñeira di á portavoz socialista, Pilar García Porto: “Non admitimos leccións de traballo pola provincia e de democracia; en todo caso, se alguén está considerando este asunto como unha perrencha, igual é a propia deputada, que vén de sufrir un fracaso absoluto na delegación de Turismo ao seu paso por FITUR”.





















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



