Lugo, 12 de febreiro de 2022. Os deputados no Congreso, Ana Prieto e Javier Cerqueiro e o senador César Mogo remarcaron hoxe a nova oportunidade que supón para os nosos agricultores as novas axudas para o sector agrograndeiro na provincia. Así o dixeron trala aprobación no Consello de Ministros do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) do sector agroalimentario, que contará cun investimento público duns 1.000 millóns de euros ata 2023, e co que se prevé xerar un impacto na economía duns 3.000 millóns de euros.
Os socialistas sinalan que a través deste proxecto, co que se estima unha creación neta de ata 16.000 postos de traballo no conxunto do Estado, contribuirá decididamente a modernizar e impulsar o sector agroalimentario na nosa provincia. Coas cifras na man, o sector alimentario galego xera máis de 100.000 empregos, o que supón arredor do 9 % do sector, e achega o 6,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da economía autonómica.
O maior investimento adicado ao sector agroalimentario
Javier Cerqueiro, vogal da Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación do Congreso, explica que este proxecto estratéxico “dota da financiación necesaria ás liñas para emprender os cambios medioambientais, dixitais, sociais e económicos aos que o sector terá que facer fronte na vindeira década”. O Deputado relata que conta con tres liñas de actuación fundamentais, concretamente son, “para a industria alimentaria cun investimento de 400 millóns de euros, outra partida para a renovación dixital con 454 millóns de euros, e por último outro apartado destinado a investigación e a innovación cun orzamento de máis de 148 millóns de euros”.
“Polo tanto, fronte a outros partidos que tentan vender o catastofismo, estamos diante do investimento adicado ao sector agroalimentario máis importante da historia do noso pais”, resumiu Cerqueiro.
Unha oportunidade única para a provincia
A Deputada no Congreso, Ana Prieto sinala que coa aprobación deste proxecto estratéxico “especifico para o sector da industria agroalimentaria, supón máis de 3.000 millóns de euros de impacto real para a economía deste ámbito, e da que se beneficiarán PEMES e Cooperativas que son as maioritarias nesta industria”. Nesa liña hai que lembrar que o sector agroalimentario ten unha forte presencia na nosa provincia, como por exemplo nas comarcas de Meira, Terra Chá, Fonsagrada, Os Ancares ou Sarria. “E agora, a través dos fondos europeos preséntanse como unha oportunidade única para a provincia de Lugo, para a transformación do noso sector produtivo”, insiste a Deputada.
Prieto tamén fixo alusión á ofensiva europea do PP e de Feijóo sobre os Fondos Next Generation. “Xa é hora de que os populares abandonen esta ofensiva, é a hora de que fagan os seus deberes e de que a Xunta se implique para traballar por esta transformación tan necesaria para Galicia e Lugo”, replicou.
Proxectos que reverten directamente na xente
O senador Cesar Mogo remarcou que a chegada dos fondos europeos no noso pais, tralas duras negociacións por parte do Goberno do Estado “recalan agora tamén nos agricultores e na agricultura de Galicia. Son 1.000 millóns de euros directos dos que unha parte substancial estarán destinados ao tecido produtivo galego co fin de modernizar a agricultura, pero tamén para os traballadores do campo e por suposto, para crear emprego na nosa provincia. Son proxectos estratéxicos que reverten directamente na xente, non se fan dende arriba”, recalcou Mogo.
Argumentou ademais que “o PERTE tamén inclúe o contribución ao reto demográfico, e concíbese para xerar sinerxías cos obxectivos de mellora da competitividade, sustentabilidade e trazabilidade e seguridade do sector agroalimentario”, sinalou o senador.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



