Burela, 13 de febreiro, 2022. O Pescadso Rubén Burela FS non puido dar continuidade esta tarde ás boas sensacións vividas fronte a ElPozo en Vista Alegre hai tan só 4 días. Os galegos, que estreaban en Xaén a xira semanal de 3 desprazamentos en 7 días, víronse con 2-0 en contra xa no 4 de xogo, nun minuto de ouro do Paraíso Interior que pesou demasiado nas filas laranxas. Os locais ampliaron a renda no último cuarto do encontro, en recuperación e a porta baleira.
Rumbo á segunda parada
A expedición mariñá recuperará o mércores a xornada 13 en Manzanares (20.30 horas) e finalizará a xira o domingo, en Zaragoza (12.00 horas).
Do zapatazo de Renato, que a punto estivo de sorprender a Henrique, case sen ángulo, no minuto 4, o Jaén FS soubo aproveitar para poñerse por diante con dobre diana en tan só 30 segundos; Míchel aproveitou o rexeite de Bruno Petry e pouco despois foi o ex dos laranxas o encargado de subir o 2-0. David Pazos, no 15, dispuxo dun dos maiores perigos galegos. O 20 burelista recibiu pola banda o pase de Lucho para obrigar a Henrique aplicarse a fondo. O xogador de Ames volveu rozar o pau antes do descanso.
Outro dos antigos burelistas, Dani Martín, subiu o 3-0 no minuto 31, aproveitando en recuperación con presión alta local. Apostou no 33 o Pescadso Rubén por xogo de cinco, pero Aicardo atopou de forma inmediata a súa oportunidade a porta baleira para mazazo dos mariñáns. Os de Alberto Riquer non deixaron de pelexar; Quintela dispuxo dunha das mellores antes da bucina final.
Ficha técnica
Jaén Paraíso Interior FS: Henrique, Antonio, Aicardo, Alan Brandi, Míchel, cinco inicial; tamén xogaron Mauricio, Felipe Mancha, Attos, Bruno Petry, César, Dani Martín
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Isma, Renato, David Pazos, Wanderson, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Lucho, Álex Diz, Quintela, Pitero, Nito
Goles: 1-0, minuto 4, Míchel; 2-0, minuto 4, Bruno Petry; 3-0, minuto 31, Dani Martín; 4-0, minuto 33, Aicardo
Árbitros: Bustos Caparrós // Botella López // Castillo López (Andalucía). Por Jaén amarela para Dani Martín (minuto 39). Por Burela amarela a Quintela (minuto 16), Edu (minuto 31)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 disputado no Olivo Arena de Xaén.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.


