Lugo, 4 de marzo de 2022. A Deputación de Lugo despregou 27 operarios e 18 máquinas e vehículos para limpar as estradas da rede viaria provincial que se viron afectadas polas nevaradas desta noite. O dispositivo despregado pola institución provincial traballa en 57 vías de sete concellos da zona da Montaña. Os equipos facilitaron a circulación e garantiron a seguridade despexando as estradas de neve e xeo, e atendendo as incidencias producidas durante a madrugada do venres.
Os concellos afectados son Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro e Quiroga. Durante a primeira hora deste venres, nas vías destes municipios transitouse con dificultade polas nevadas das últimas horas e o xeo, sen cortarse ningunha vía.
O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 27 operarios, 9 máquinas quitaneves con saleiro e 9 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías.
As estradas provinciais afectadas polo temporal de neve son as seguintes:
– Folgoso do Courel: LU-P-1301, “De Seoane De Courel a Pedrafita”; LU-P-1303, “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304, “De Mostad por Romeor a Casares”; LU-P-1305, “De Campa por Vilar a Alto do Boi”; LU-P-1306, “De la LU-651, En Megoxe a Herrería de Incio”; LU-P-4501, “Del Poio, por Louzarela y Teixeira a la de Samos a Caurel y acceso a Meiraos”; LU-P-4701, “De Pobra do Brollón, por Parada dos Montes”; LU-P-4505, “Del Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004, “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”; LU-P-5601, “De Samos a Caurel y Rampa a Santa Mariña”.
– Cervantes: LU-P-1401, “De LU-723, por Degrada y Piornedo al límite provincial”; LU-P-1404, “De San Román a Quindós”; LU-P-1405, “De Campa da Braña a tres obispos”; LU-P-1411, “De Vilanova al Portelo”; LU-P-1412, “De Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”; LU-P-0702; LU-P-1401; LU-P-1402; LU-P-1403; LU-P-1404; LU-P-1406; LU-P-1407; LU-P-1408; LU-P-1409; LU-P-1410; LU-P-1411; LU-P-1412; LU-P-3505; LU-P-4505.
– A Fonsagrada: LU-P-1906, “De Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos”; LU-P-3601, “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-1901, “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-4606, LU-P-4811, todas afectadas.
-Navia de Suarna: LU-P- 3501, “Paradela al Alto do Restelo”; LU-P-3502 “De Muñis a Rao”; LU-P-3508, “De Rao por Murias a Balouta”; LU-P-3505 “De Navia por Silvouta”; LU-P-3509, “De Navia al alto de Labiadas”; LU-P-1901, “De Fonsagrada a Navia”; LU-P-3503; LU-P-3505; LU-P-3509; LU-P-3511; LU-P-3512.
-Negueira de Muñiz: LU-P-3601, “De Acebo a Negueira de Muñiz”; LU-P-3602, “Del Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias” .
– Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, “De Pedrafita al Portelo”; LU-P-4503, “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-1301; LU-P-1304; LU-P-4501; LU-P-4502.
– Quiroga: LU-P-5001, “De Ponte Barreiro a Vilarbacú”; LU-P-5004, “De Cruz de Outeiro, por Seara y Ferramulín al límite provincial”; LU-P-5002; LU-P-5005.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


