A Mariña, 8 de marzo, 2022. O IES Alfoz-O Valadouro alzouse como o gran triunfador do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2021 coas propostas fotográficas de tres alumnas. Na undécima edición do concurso que organiza a Fundación Imdecum, coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a gañadora foi Tania Verdes, de 3º da ESO; resultaron destacadas ademais as imaxes presentadas por Carla Fernández, tamén de 3º, e Celia Fernández, de 1º.
A fotografía gañadora, de Tania Verdes, está protagonizada polo salto dunha figura humana cun horizonte de nubes e o solpor ao fondo. A maxia e o xogo de cores do luscofusco tamén emerxe na instantánea finalista de Carla Fernández. Celia Fernández obtivo o recoñecemento como finalista nesta edición por unha imaxe da Finca Galea.
Tras o obradoiro impartido polas fotógrafas Andrea Rodríguez e Fátima Ríos na Asociación Saúde Mental da Mariña na primavera pasada, o Festival Audiovisual da Mariña despediu 2021 coa visita dun colaborador asiduo de Imdecum ao alumnado do IES Monte Castelo de Burela, o artista multidisplinario viveirense David Catá, que encabezou o xurado desta última edición xunto ao presidente de Imdecum, Marcelino Luna.
O Imaxiña continuará percorrido en 2022 este venres facendo parada no IES Alfoz-O Valadouro.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



