Lugo, 10 de marzo de 2022. Este venres abre o prazo de solicitude das axudas da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a entidades asociativas culturais da provincia para a realización de actividades de interese cultural, que conta cun orzamento total de 200.000 euros.
A dinamización cultural, a potenciación da historia, música, tradicións e lingua propias, así como as actividades de potenciación do patrimonio material e inmaterial configuran os fins principais para o apoio económico desta convocatoria.
Os gastos que cubrirán estas axudas corresponderanse a aqueles derivados da contratación de persoal, seguros para o desenvolvemento das actividades, gastos de transporte, de promoción, cartelería e redes sociais, desenvolvemento de actuacións culturais, cursos e obradoiros ou gastos de organización.
As asociacións culturais dispoñen de 10 días hábiles para tramitar a solicitude, tal e como se indica na convocatoria publicada este xoves no Boletín Oficial da Provincia. Os formularios e a información sobre a documentación que se require están dispoñibles na web deputacionlugo.gal, no apartado “Subvencións e programas de axudas”.
A vicepresidenta, Maite Ferreiro, reiterou o apoio da institución “ás entidades culturais, que son as que dinamizan a vida das vilas e cidades, as que recuperan e conservan as nosas tradicións, as que investigan sobre o patrimonio, innovan sobre as nosas orixes e manteñen viva a nosa identidade nas múltiples formas nas que presentan o seu traballo”. Ademais, engadiu “a vital importancia do tecido asociativo para crear comunidade nos tempos complexos que estamos a vivir, nos que xa quedou demostrado que a cultura é unha das nosas principais ferramentas de resistencia e progreso”, agradecendo “a todas as persoas que forman parte destes colectivos a súa implicación”.
Para a concesión das axudas, con importes de ata 3.000 euros, establécense baremos obxectivos referidos a calidade do proxecto desde un punto de vista cultural, patrimonial e etnográfico, a natureza da acción, a valoración social, o grao de dispersión territorial e poboacional onde se realice a actividade, o grao de consolidación ou a viabilidade de actividade, entre outros.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


