Lugo, 18 de marzo de 2022. O BNG apoiou a mobilización convocada hoxe pola FRUGA, na que reclamaron a intervención urxente das administracións para reverter a situación que está a atravesar o sector agrogandeiro. A viceportavoz do BNG no Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, explicou que “desde o BNG pedimos que, de maneira urxente, os gobernos da Xunta e do Estado actúen porque as explotacións non poden agardar máis”. “A situación é insostible polos baixos prezos en orixe e polo aumento dos custos de produción”, afirmou a deputada. Olalla Rodil acudiu á concentración acompañada polo deputado por cargos orgánicos e institucionais do BNG nas distintas administracións.
Como medida a medio prazo, o BNG reclama “recuperar a nosa soberanía alimentaria e facer que as nosas explotacións sexan menos dependentes da importación”. O BNG defende que estas medidas “evitarán que as gandeiras e as agricultoras, o elo máis feble da cadea, sexan as que acaben pagando os cambios no mercado”.
O sector da carne e do leite levan meses vendendo a perdas, situación á que se uniu agora o aumento dos prezos da luz, dos pensos e do gasoil. “Diante desta situación, o goberno español está de brazos cruzados e a Xunta de Galiza anuncia medidas insuficientes”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “desde o BNG temos claro que precisamos medidas ambiciosas e inmediatas que impidan o feche de explotacións”.
As medidas que defende o BNG pasan pola posta en marcha de xeito urxente dun plan de axudas ao sector primario, que asegure o mantemento das explotacións. Ademais, defenden a baixada temporal de impostos aos carburantes, para reducir os prezos do gasoil e da gasolina. Por último, reclaman a redución ao 4% do IVE da luz e a intervención pública no mercado eléctrico “e nos beneficios caídos do ceo das empresas eléctricas”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



