Ribadeo, 23 de marzo de 2022. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que nas vindeiras semanas as parcelas do polígono industrial de Ribadeo se vaian vendendo, tras as bonificacións que hoxe aprobou no seu consello de administración a Sepes, a sociedade titular deste parque empresarial.
O rexedor confirmou que “por fin no día de hoxe podemos ver o resultado desta colaboración estreita e deste compromiso acadado hai poucas semanas co director de Sepes, desta sociedade pública do Ministerio de Fomento que é a titular do polígono industrial de Ribadeo, que atendendo ás demandas do Concello aceptou e así se aprobou no consello de administración de Sepes no día de hoxe a bonificación importante dunha serie de 14 parcelas, onde durante seis meses se lles baixará o prezo de venda nun 35% e outras 6 se sacarán como concesión de superficie con opción a compra durante 30 anos”.
Para Suárez Barcia “en definitiva o prezo vai a pasar a ser moi competitivo, dado que vai haber unha forcada entre 42,9 euros metro cadrado a 48,75 euros metro cadrado para as parcelas do polígono industrial de Ribadeo, que é un dos mellores non só de toda a comarca senón de todo o Cantábrico porque está ao pé da autovía en primeira liña, moi ben urbanizado e situado para unha serie de iniciativas que estamos seguros que a partir de agora, nos próximos días e nas próximas semanas, empezará a haber interese para asentarse nun lugar cheo de vida, como é Ribadeo, e nun lugar potencialmente moi interesante como é precisamente o polígono industrial ribadense”.
O alcalde tivo palabras de agradecemento para o director de Sepes: “eu quérolle agradecer ao novo director de Sepes que fixera efectivo o compromiso acadado co concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e comigo na reunión que mantivemos hai unhas semanas en Madrid, e ademais que ven cumprir cunha demanda histórica, posto que cos gobernos de Mariano Rajoy por máis que intentamos que esta empresa pública en mans dun ministerio accedese a algo similar, nunca obtivemos mais que boas palabras e agora temos mo bos feitos”.
Fernando Suárez engadiu: “oxalá nos próximos tempos todas estas parcelas se vaian vendendo porque os prezos e as condicións son verdadeiramente interesantes”.
O Consello de Administración de Sepes autorizou a comercialización das 43 parcelas do parque empresarial “Ribadeo Industrial”, onde a 14 parcelas realizóuselles unha bonificación do 35% do prezo e a outras seis un concesión de dereitos de superficie con opción de compra durante 30 anos. A comercialización das parcelas e a concesión de dereitos de superficie con opción de compra poderán realizarse individualmente ou por lotes, en atención á estratexia comercial que se considere convinte.
As bonificacións das 14 parcelas (A1, C1, C2, C6, C7, C11, C19, D2, D12, D6, D8, F3, F4 e F5), estableceuse atendendo aos seguintes criterios:
● Son de distintas tipoloxías para facilitar a instalación de calquera proxecto.
● Moitas delas, son lindeiros con algunha das empresas con actividade no parque empresarial con obxecto de facilitar a posible ampliación das mesmas.
● En función dos tamaños de parcelas os prezos finais bonificados sitúanse entre 42,90 €/ m² e o 48,75€/ m². A vixencia da promoción de bonificación dos prezos finalizará o 31 de decembro de 2022.
Constitución de dereitos de superficie con opción a compra
As parcelas E1 a E6 comercializaranse mediante a concesión de dereitos de superficie con opción de compra, que permita captar proxectos que ocupen maior superficie e faciliten a viabilidade dos mesmos, ao non ter que facer fronte inicialmente ao importe de compra das parcelas. O contrato recoñecerá a favor do superficiario un dereito de opción de compra gratuíta, por un prazo de 8 anos desde a perfección do dereito de superficie, sendo o prezo de compra o aprobado como prezo base de licitación.
Fixouse un canon sobre o prezo basee de licitación, que crecerá progresivamente, sendo 1,5% os dous primeiros anos, 2,5% os dous seguintes e a partir do quinto ano o 3,5%.























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



