Viveiro, 28 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro informa que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o recurso contencioso administrativo interposto por este concello contra a resolución ditada pola Xunta de Galicia no procemento tramitado para a solicitude da subvención en réxime de concorrencia non competitiva correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental 2022.
Cómpre lembrar que en 2021 o Concello de Viveiro solicitou esta subvención para executar as obras de “Reposición de pavimentos, red de sumideros y red de abastecimiento de agua en aceras sitas en Magazos-Viveiro” e que as axudas do Fondo de Compensación Ambiental, financiado cos ingresos obtidos no canon eólico, contan cunha liña de concorrencia non competitiva na que se contemplan as cantidades concretas que por este concepto lle corresponden a cada Concello.
Trátase dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia na que se establecen as cantidades máximas asignadas a cada un dos concellos beneficiados, cantidades que están definidas na orde na que se regulan as bases e convocatoria. Trátase, polo tanto, dun importe finalista e que lle corresponde ao Concello de Viveiro.
No momento no que chegou a resolución de inadmisión, o Concello de Viveiro convocou unha reunión cos voceiros dos distintos grupos municipais e na que tamén estiveron presentes os técnicos municipais, para explicar a situación e como se realizara a tramitación.
Nesa xuntanza, tamén se valorou a posibilidade de solicitar á Xunta de Galicia que esa cantidade, posto que se trata dunha subvención finalista, na que estaba previsto un diñeiro específico para o Concello de Viveiro, volvese a repercutir neste concello, segundo a posibilidade que se recolle nas bases.
Tendo en conta que non se contaba con garantías de que puidese repercutir ese diñeiro en Viveiro, co acordo dos voceiros municipais, decidiuse presentar recurso de reposición contra a inadmisión da subvención. Non se recibiu contestación ao recurso interposto no prazo legal estipulado, entendéndose desestimado por silencio negativo, sen que a Xunta de Galicia se dignase a responder.
Finalmente, convocouse unha nova reunión de voceiros para valorar a situación e por parte de todos os voceiros municipais, agás o do PP, que foi o único que non se manifestou abertamente, sen opoñerse pero manténdose neutral, acordouse a interposición de recurso contencioso administrativo no xulgado.
O recurso contencioso administrativo presentado polo Concello de Viveiro contra a resolución ditada pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo foi admitida a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



