Viveiro, 4 de abril, 2022. A veciñanza de Landrove leva anos demandando medidas de seguridade debido á ausencia de beirarrúas, falta de semáforos, pasos de peóns, mala iluminación e á alta velocidade á que circulan os vehículos, nomeadamente na zona donde se sitúa o Café-Bar Alimentación Mª Esther, na zona da carnizaría Irmáns Fernández e Panadería de Covas e en puntos de maior afluencia da recta de Landrove como pode ser á altura do Cristo ou do bar Casa Pernas. Podemos dicir que as zonas mencionadas con anterioridade poderían recoñecerse como “puntos negros” pois son numerosos os accidentes e atropelos que se rexistran.
A preocupación e malestar ante a desprotección e inseguridade nunha das zonas con máis actividade fóra dos cascos de Viveiro e Cantarrá, xunto coa fartura de promesas incumplidas, pois xa no 2005 se anunciaba en prensa por parte do Xefe Provincial de Estradas e do Alcalde Melchor Roel o proxecto que regularía o acceso Chavín-Lugo-Viveiro-Landrove a través dunha rotonda e sumado á inacción de todos estes anos, fixo que no ano 2018 a veciñanza de Landrove se mobilizase recollendo sinaturas demandando medidas redutoras de velocidade e que facilitasen a incorporación dos vehículos á estrada.
É importante destacar que actualmente o tramo da estrada de Landrove-cruce até Boimente tamén é moi frecuentada por ciclistas polo que se fai necesario prever medidas.
Tendo en conta todo o exposto, rogamos:
1. Que a Alcaldía informe das medidas desenvoltas nos dous últimos mandatos en relación aos feitos descritos.
2. Que se de traslado á Xunta de Galiza, titular da estrada, da necesidade de poñer en marcha un plan con medidas que melloren a seguridade vial, como poden ser:
. Desenvolver un proxecto que permita a instalación da futura rotonda na LU-540.
. Adopción de medidas reductoras da velocidade e calmado do tráfico para a LU-161 e LU-540 no seu paso por Landrove.
. Instalación de sinais que alerten da presenza de ciclistas na LU-161.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



