Nos últimos días os economistas galegos Marcelino Fernández Mallo e máis José Antonio Pena Beiroa explicaron a xeito a gravidade da actual inflacion e do seu impacto na Galicia (10,5%!), ben superior ao 9,8% do Estado español ou o 7,5% da media da eurozona. Como ideas máis singulares, Pena Beiroa considera que a inflación foi favorecida pola falla de libre concorrencia real por mor da concentración empresarial, nomeadamente bancaria e enerxética, mentres Fernández Mallo chama a atención sobre a necesidade de construirmos unha economía de proximidade forte, que non nos faga depender das variacións de prezos dos insumos nin da limitación da súa oferta internacional.
De pouco valerían determinadas medidas restritivas da oferta monetaria (que sobrirán os tipos de xuro e restrinxirán a oferta de crédito bancario), recoñecidas canto á súa necesidade polos devanditos economistas, se non pomos na axenda a necesidade da autonomía alimentaria e enerxética, pois que a actual inflación xurde de varios factores, entre eles da nosa dependencia iinternacional na alimentación humana e animal, no gas e do petróleo ou nos compoñentes electrónicos. Velaí que precisemos un programa cobizoso de reindustrialización e reagrarización, que poña o foco na produción industrial e alimentaria e na ruptura da dependencia da nosa produción cárnica e leiteira dos insumos foráneos.
Isto vai esixir investimentos importantes, que han motivar unha discriminación positiva canto aos tipos de xuro precisos para o seu financiamento, como tamén defenden os devanditos economistas galegos, canda o economista francés Thomas Piketty. E tamén reformas lexislativas moi potentes na ordenación do territorio para acadar esta reindustrialización e reagrarización. Medidas todas que esixen un pacto de País entre todas as forzas políticas e sociais galegas, precisamente para facer o que non fixo Núñez Feijóo nos seus trece anos de goberno, que deixaron Galicia máis pobre e dependente.
No que atinxe á enerxía eléctrica, Galicia xa produce de fontes renovábeis para todo o seu consumo e exporta case o 40% da súa produción. Non dependemos da electricidade doutros. Aquí o Pacto de País o que precisa é esixir no contexto estatal e europeo que se compense cunha tarifa eléctrica de noso que permita que as nosas familias e industrias paguen moito menos pola enerxía. Porque producila para outros xera para nós graves custos ambientais e impide ou dificulta diversificar a nosa economía.
Estou certo que Alfonso Rueda, Pedro Puy e Xosé Manuel Baltar saben da necesidade do que estou a escrebir. Van continuar polo carreiro dependendista de Núñez Feijóo ou asumirán a responsabilidade de facer posíbel un futuro para este País?






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



