Mondoñedo, 18 de abril de 2022. A Xunta de Galicia investirá algo máis de 106.000 euros no río Masma no marco dun proxecto de restauración ambiental que busca recuperar o bosque de ribeira e mellorar a conectividade fluvial para facilitar o fluxo das poboacións ictícolas ao longo de 3 tramos cunha lonxitude de 48 quilómetros.
Acompañada polo alcalde de Mondoñedo e a directora xeral de Patrimonio Natural, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou esta mañá os detalles da intervención desde a área recreativa da parroquia de Masma, ao carón dun dos tramos nos que se vai actuar.
Así, a responsable autonómica explicou que os traballos se enmarcan no proxecto Mil Ríos, unha iniciativa do seu departamento cun orzamento global de 5 millóns de euros procedentes dos fondos NextGenerationUE e coa que aspira a mellorar 470 quilómetros de 50 cursos fluviais nas catro provincias para aumentar así a súa resiliencia e capacidade de resposta ante o cambio climático.
Trátase, tal e como lembrou, dunha das actuacións máis ambiciosas que levará a cabo a Xunta grazas ao financiamento europeo asignado a Galicia para iniciativas no eido da restauración e da conservación dos ecosistemas e da súa biodiversidade.
No caso concreto do río Masma, Ángeles Vázquez explicou que os traballos previstos comezarán a vindeira semana con dous obxectivos principais: por unha banda, recuperar a vexetación de ribeira no ámbito obxecto de intervención eliminando as especies exóticas invasoras e plantando no seu lugar autóctonas; e por outra, mellorar a conectividade fluvial actuando en varias presas para resolver os problemas detectados.
Neste sentido e tras indicar que se están a elaborar propostas concretas para cada infraestrutura —desde melloras nos dispositivos de franqueo ata a súa demolición—, a conselleira aclarou que nalgúns casos a situación actual dificulta ou mesmo fai imposible o remonte dos peixes mentres que noutros trátase dun problema de mantemento, xa que as escalas producen a retención de restos de ramas e vexetación.
Estas actuacións, cun prazo de execución estimado dun mes, levaranse a cabo ao longo de 48 quilómetros de río e abranguerán unha superficie de 72 hectáreas pertencentes aos municipios de Mondoñedo, Barreiros e Lourenzá. A intervención prevé tamén obras de mellora na escala de Celeiro, actuación que requirirá previamente da redacción dun proxecto específico polo que haberá que agardar aínda para comezar os traballos.
Actuacións en cinco ríos na provincia de Lugo
No caso da provincia de Lugo, a Xunta utilizará a primeira fase do proxecto Mil Ríos para avanzar na recuperación, restauración e mellora da resiliencia nas marxes dos tramos seleccionados en cinco canles fluviais —Landro, Lor, Ouro, Guisande e Masma—, para o que se prevé intervir nun total de 146 hectáreas e en 97,5 quilómetros de río que discorren por 13 municipios.
Das cinco actuacións previstas, a intervención presentada esta mañá en Mondoñedo é a máis ambiciosa xa que se estenderá por un total de 48 km de río, o que supón practicamente a metade da superficie fluvial que se pretende mellorar no conxunto da provincia lucense grazas a este proxecto de restauración ambiental en zonas húmidas.
O Masma, pertencente á vertente cantábrica, ten unha superficie de conca de 290 km² e a súa principal peculiaridade é que se trata dun río enteiramente galego, desde o seu nacemento, cerca da serra do Xistral, no municipio do Valadouro, ata a súa desembocadura na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e logo de percorrer os concellos de Abadín, Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



