Ribadeo, 18 de abril de 2022. As organizadoras do mercadillo solidario para recadar fondos destinados a unha asociación que trae nen@s ucranín@s a Galicia agradecen a colaboración de Ribadeo e a súa xente.
O mercadillo celebrouse desde a tarde de Xoves Santo ata o mediodía de onte, Domingo de Pascua, no baixo que ocupaba a Droguería Pulpeiro, fronte á oficina de Abanca.
As organizadoras quixeron aproveitar estas datas nas que miles de persoas pasaron por Ribadeo para facer unha chamada á solidaridade con estas nenas e nenos de Ucraína, que seguen nese país con importantes necesidades como consecuencia da invasión rusa: “estamos muy contentas con la colaboración de Ribadeo y de sus visitantes. Recaudamos 785 euros en esta ocasión, que ya hemos procedido a ingresar en la cuenta de esta asociación”.
E engaden: “queremos agradecer la cesión del bajo en el que realizamos los dos mercadillos solidarios para este asociación que trae niñ@s a Galicia, algún@s de ell@s a Ribadeo. Y la solidaridad de nuestro pueblo y también de sus visitantes. Toda ayuda es bien recibida y es importante para poder aportar nuestro grano de arena para que estos niños y sus familias pueden recibir la atención que precisan en estos duros momentos”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



