Abadín, 19 de abril de 2022. O Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe as carencias sanitarias que esta padecendo a veciñanza de Abadín, “xa que actualmente un dos tres médicos que consultan no centro de saúde está de baixa dende fai dous meses, e a día de hoxe non se cubriu a súa praza”.
Os socialistas sinalan ademais que durante os pasados días 11, 12 e 13 abril só se atenderon as urxencias pola falla de facultativos, “xa que só había un sanitario para atender as tres consultas”. “E constatamos que esta situación non mellora e cada día vamos a peor. Por iso queremos saber que esta facendo o Alcalde para recuperar a asistencia médica no centro de saúde?”, replica Díaz.
O voceiro socialista explica ademais “que incluso os propios servicios sanitarios nos trasladan o seu cansazo e as súas queixas pola situación coa que teñen que traballar diariamente. Xa que por unha banda non se cobren as baixas nin tampouco se programan as vacacións dos facultativos, co fin de non deixar sen asistencia as consultas”, lamentan.
“Nestes intres o Concello de Abadín conta cunha poboación de preto de 2.300 veciños que só conta con dous médicos, cando terían que estar tres na consulta. E mentres acontece toda esta situación o PP mira unha vez máis cara outro lado, sen inmutarse e sen facer absolutamente nada, esa é a preocupación que ten pola asistencia médica da nosa vila. Por iso, dende aquí urximos ao Alcalde a poñerse en contacto coa Conselleira de Sanidade para solventar esta situación”, replican dende o PSdeG.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



