Hoxe toca falar da accesibilidade con perdón polo palabro. Anque non é custión de enfastiar ao lector con citas bibliográficas, teremos que lembrar a Conferencia Internacional de Alma Ata celebrada na URSS en setembro de 1978 na que se debatiu sobre os modelos de Atención Primaria e aprobouse un documento que segue sendo de obrigada referencia despois de medio século, se ben adaptado aos tempos e ás circunstancias dos diferentes países. A conferencia foi promovida pola OMS e a UNICEF. O documento atópase na rede clicando Atención Primaria Alma Ata. De xeito moi resumido o que ven a propoñer a conferencia é que todos os países se doten de unha estructura asistencial básica, xeralista e que preste servizos a tóda a sociedade. Dende entón e partindo das diferentes experiencias e circunstancias político-económicas a gran maioría dos estados vanse aproximando ás liñas xerais marcadas en Alma Ata. No estado español o principal avance deuse co famoso decreto 137/84 de estructuras básicas de saude. Non nos extendemos e lembramos de novo que toda esta información está na rede.
O que aquí se trata de suliñar é que xa hai mais de 50 anos, naquela onferencia internacional prantexase a ACCESIBILIDADE como un elemento clave dos servizos de atención primaria e no punto 68 do informe final di así: “A accesibilidade supón o suministro continuo e organizado de asistencia para toda a comunidade en condicións favorabeis dende o ponto de vista xeográfico, financieiro, cultural e funcional…”, e mais adiante, no ponto 69 di: “Por accesibilidade xeográfica enténdese que a distancia, o tempo necesario para percorrela e os medios de transporte sexan doados para a veciñanza…”. En fin, nada que non saibamos, como o feito de que non é o mesmo proxectar un centro de saúde na sabana congoleña que en Bos Aires ou en Ribadeo 2022. No noso caso partimos de un equipamento e unha experiencia que datan dos anos oitenta do século pasado e que ten certas carencias que se tratan de mellorar, pero non é cousa de desvestir un santo para vestir outro. Como é ben sabido no momento actual Ribadeo conta con un Centro de Saúde de acceso doado para un 70 ou 75 % dos usuarios que residen nun radio de cincocentos metros aproximadamente e polo tanto esa é unha vantaxe que non se debe perder a cambio de outras promesas de mellora das que como xa dixemos, ate agora non hai mais que palabras e que en calquer caso non deberan ser incompatibeis cas vantaxes actuais. Dito de outro xeito non hai nengunha razón obxectiva para cambiar as orellas polo rabo. Ademais estamos fartos de saber que se cedes o pouco que tes sen nengunha garantía de compensación ao cabo de catro días igual nen unha cousa nen a outra.
Caese de caixón o que quer decir ACCESIBILIADE. Desde o punto de vista económico que a asistencia sanitaria sexa gratuita ou polo menos moi barata; dende o ponto de vista organizativo que funcione cando se precisa, ou sexa sen retrasos que adien os remedios para cando non sexan eficaces e dende o punto de vista xeográfico que o servizos esteñan ubicados o mais próximos posible ás zonas de residencia da veciñanza, por razóns tan obvias teñen pouco debate.
A relación entre accesibilidade e calidade tamén é tan evidente que non precisa esmagarse os miolos. Moitas persoas, particularmente as dependentes e as de maior edade, onde moitas veces as doenzas teñen unha evolución lenta e insidiosa, deixarán de asistir aos servizos santarios se estes están lonxe da sua residencia, se teñen que estraveirar por pasos de peons perigosos e estradas sen aceras ou deterioradas e con coches aparcados ou se teñen que pagar un taxi ou agardar polos parentes ou veciños para que os acompañen ou leven en coche. Este sería o caso de moitas persoas de Ribadeo se se chega a construir o novo centro de saude onde se proxecta, enfronte da estación de servizo.
En resumo, dende o ponto de vista da accesibilidade o proxecto de construir un novo centro de saude a un kilometro do centro do casco urbano é un motivo de preocupación pola perda de calidade de vida, de nivel asistencial e de facilidade para facer uso dos servizos sanitarios. E como xa dixemos, se non houbese terreos mais cercanos sen edificar, nen baixos vacantes acaídos cecais non quedaría mais remedio que aceptar un proxecto tan pouco razonable, pero non é caso de Ribadeo, onde semella que se queren poñer por diante os intereses especulativos de particulares e promotoras sobre as necesidades de asistencia sanitaria da gran maioría.
Evaristo Lombardero Rico

















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



