NOTA DE PRENSA
A Mariña lucense e varios concellos limítrofes sufriron as consecuencias das intensas choivas acaecidas os días 9 e 10 de xuño
O DOGA PUBLICA A ORDE DE AXUDAS QUE ACHEGA 200.000 EUROS PARA COMPENSAR OS DANOS PROVOCADOS POLAS INUNDACIÓNS NOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS
* Poderán solicitalas os titulares de establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e por danos acontecidos nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así como nos vehículos comerciais e industriais afectos a estas actividades.
* O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.(Antes do 23 de agosto)
A Mariña, 21 de xullo de 2009.- O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publica no día de hoxe a orde de axudas pola que a Xunta de Galicia vén a investir 200.000 euros para compensar os danos provocados polas inundacións nos establecementos turísticos. As intensas choivas acaecidas os días 9 e 10 de xuño afectaron á Mariña lucense e a concellos limítrofes polo que estas axudas, teñen por obxecto atender as necesidades dos colectivos máis prexudicados e contribuír, de forma decidida e con todas as garantías procedimentais, a rexenerar e a reactivar a actividade turística nas zonas afectadas polas inundacións.
Segundo o establecido na Orde que se fai pública no día de hoxe, poderán solicitar estas axudas os titulares de establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e por danos acontecidos nas súas edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías nelas depositadas, así como nos vehículos comerciais e industriais afectos a estas actividades.
PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. (Antes do 23 de agosto, por ser o 22 domingo, día inhabil)
CARÁCTER SUBSIDIARIO E COMPLEMENTARIO
A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, do que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando os citados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta orde terán carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.
MODELOS NORMALIZADOS
As solicitudes presentaranse mediante os modelos normalizados que se inclúen como anexo I da Orde publicada no DOGA. As solicitudes presentaranse na oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia, nos portelos únicos dos Concellos ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Oficinas de Correos)
Sobre este procedemento administrativo poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral para o Turismo, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da consellería:
(http://culturaeturismo.xunta.es/) na sua epígrafe de axudas.
b) Os teléfonos 981 54 63 60 ou 981 54 63 78 da devandita secretaría xeral.
c) A dirección electrónica axudas.turismo@xunta.es
d) Presencialmente.
RESOLTAS NUN MÁXIMO DE CINCO MESES
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia
O perceptor da axuda queda obrigado a investir a axuda na reparación ou reposición dos danos segundo a memoria e o proxecto básico presentados, de maneira que se manteña a situación existente antes de producirse o temporal

















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



