Viveiro, 27 de abril de 2022. O goberno de Viveiro, presidido pola socialista María Loureiro, ten a rara habilidade de conseguir que se converta en problema todo aquelo que a cidade debería aproveitar para mellorar a súa capacidade para atraer visitantes. Un dos resultados da recente edición do Viveiro Fest, celebrada o pasado día 8, foi o enfado de moitos hostaleiros de Viveiro e de Covas e desperfectos no campo de fútbol de Cembedo, no que se desenvolveu o festival. Os concelleiros populares preguntan formalmente ao goberno local se o festival tivo algún custo económico para o Concello e quen se fará cargo, e canto custará, da reparación das deficiencias que presenta o citado campo de fútbol despois dos concertos, que estiveron protagonizados polo Grupo Musical Panorama e Tributo a Queen.
O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que é importante que Viveiro sexa un punto de referencia en todo aquelo que reforce o seu atractivo como destino turístico. “Pero hai que facelo debidamente, para que festivais como este redunden o máis posible en beneficio dos sectores económicos da cidade e do conxunto do municipio, como é o caso da hostalería. Nesta ocasión, parece que as cousas non se fixeron ben porque hai moitas queixas de hostaleiros, especialmente de Viveiro e de Covas”.
Rodríguez destaca a necesidade de que haxa espazos públicos nos que se poidan desenvolver actos que son reclamos para atraer visitantes á cidade. “Claro que é importante, pero tamén é moi importante que os espazos públicos estean nas mellores condicións e, cando son o marco no que se desenvolven actos nos que hai moita xente, hai que asegurarse de que, ao final, todo queda nas debidas condicións”. Engade Rodríguez: “Aínda é máis importante cando os espazos públicos están nunha das entradas á cidade, como é o caso do campo de Cembedo”.



















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



