Cervo, 9 de maio de 2022. O Concello de Cervo, en colaboración coas asociacións Airiños do Xunco e AA.MM.RR. As Espalladoras, programa unha completa axenda lúdica-cultural para todos os públicos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio.
O prato forte, tal e como sinalou o rexedor Alfonso Villares, será o concerto do músico, compositor e cantante, Roi Casal, que este mesmo mediodía se desprazou ata Cervo para presentar a actuación na Praza do Souto, en compañía do rexedor, da edil de Cultura, Dolores García Caramés e dunha representación da asociación Airiños do Xunco, que participa na organización dos diferentes actos.
A cita que forma parte da xira “descubrindo a Habana galega” será o mesmo 17 de maio, ás 19:00 horas, na fábrica de cerámica de Sargadelos; a entrada é libre.
O espectáculo Son galego, Son cubano é un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba.
Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.
Ese mesmo día, 17 de maio, desde ás 13:00 horas, terá lugar na Praza do Souto a entrega de premios do concurso literario “Airiños do Xunco”, tamén está prevista unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista das Letras Galegas nesta edición; ademais da actuación do Grupo Cordenaia e do espectáculo infantil “Historia de Blancaflor”.
Como complemento a estes actos, o domingo 15 de maio, da man da AA.MM.RR. As Espalladoras, terá lugar a presentación das obras do escritor mariñán Tony Cazás “A la sombra de unha higuera” e “El verdugo de las almas perdidas”; será ás 19:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.
O rexedor, Alfonso Villares, quixo agradecerlle a Roi Casal a súa presencia esta mañá en Cervo e aproveitou a ocasión para animar á veciñanza e visitantes “a desfrutar do talento dun artista único que trae a Cervo, unha vez máis, un espectáculo de auténtico nivel que non deixará indiferente a ninguén, nesta ocasión nun escenario de excepción como é a fábrica de Sargadelos”.
Pola súa banda Caramés quixo agradecer a Airiños do Xunco e a AA.MM.RR. a súa implicación na programación desta axenda para o Día das Letras Galegas “que fan un traballo impagable contribuíndo a encher de vida cada recuncho do noso Concello”




















Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.